Saltar navegación.
Inicio

Complementarias

Día Escolar da paz e da Non Violencia, 31 de xaneiro de 2011




https://picasaweb.google.com/s/c/transparent_album_background.gif) no-repeat left 50%; HEIGHT: 194px" align=middle>

Oa alumnos de 4º da ESO organizaron unha exposición co motivo da celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia.

Na mostra trataron de reflectir aspectos como: as zonas do mundo que actualmente se atopan en conflicto, a orixe e as causas dos conflictos ou as víctimas dos mesmos.

Se queres ver as fotos tomadas á mostra, preme na na imaxe do comezo da noticia.

 

Magosto 2010

O día 10 de novembro celebramos o magosto no Pedra da Auga. Como parte das actividades, o alumnado de 4º da ESO saiu buscar cogumelos e fixo unha exposición cos exemplares atopados.

8 alumnos e alumnas de 4º ESO gañaron o 2º premio da Olimpiada Galega de Química, na modalidade de proxectos

PARABÉNS para @s alumn@s gañadores e para o profe que os axudou na tarefa, Xabier Prado!

Se queres coñecer máis detalles sobre o premio, podes consultar os enlaces dos xornais que recollen a noticia,  "Faro de Vigo" e "La Voz de Galicia":

http://www.farodevigo.es/comarcas/2010/05/31/ocho-alumnos-instituto-pedr...

http://www.lavozdegalicia.com/vigo/2010/05/29/0003_8514351.htm

Mosaico dos traballos participantes no concurso da ONCE

A ONCE publicou na rede os traballos de todos os centros participantes. Entre eles podes atopar o premiado do noso centro. Para poder ver os debuxos unicamente cumpre introducir a categoría pola que se participa e o código postal do centro.

http://www.laonceesportada.com

 

Olimpiada Galega de Química para alumnado da ESO

Alumnos de 4º da ESO do IES Pedra da Auga partiparán na II Olimpiada Galega de Química para alumnado da ESO, que se celebrará o día 27 de maio de 2010 en Santiago de Compostela.

Os proxectos presentados polos alumnos/as que se consideren máis destacados recibirán un premio. Desde aquí lles desexamos ¡MOITA SORTE!.

Intercambio de libros para celebrar o día 23 de abril

Os rapaces de 3º e 4º da ESO e os de 1º de Bacharelato do Pedra da Auga participaron nesta orixinal iniciativa para commemorar o Día do Libro. ¡Agardamos que disfrutaran da súa elección literaria!.

FERMÍN BOUZA BREY

O alumnado do IES Pedra da Auga  participou nunha charla na que se deu a coñecer o escritor Fermín Bouza Brey

Distribuir contido