Saltar navegación.
Inicio
Instituto de educación secundaria

Practicum Depo 2016

Mobilidades para alumnado de ciclos medios que titulen en xuño de 2017 polo proxecto Practicum Depo 2016

Publícase unha nova convocatoria de mobilidades para o alumnado de ciclos de grao medio que titulen en xuño de 2017 polo proxecto Practicum Depo 2016.

Alumnado de ciclos de grao medio que vaian titular en xuño de 2017

Para o alumnado de ciclos de grao medio de electricidade, automoción e administrativo que vaian titular en xuño de 2017 teñen posibilidade de solicitar participar nunha terceira mobilidade Erasmus + "Practicum depo 2016". O centro dispón de 3 plazas a cubrir cunha duración de 182 días.

Segunda mobilidade Erasmus + "Practicum depo 2016"

Para o alumnado de ciclos de grao medio de electricidade, automoción e administrativo que titulasen en decembro de 2016 teñen posibilidade de solicitar participar nunha segunda mobilidade Erasmus + "Practicum depo 2016". As datas estimadas de saída serían entre os meses de abril e xuño de 2017 con unha duración de 182 días.

LISTAXE DE ALUMNOS QUE SOLICITARON REALIZAR PRÁCTICAS NUN PAÍS EUROPEO

Houbo unha alumna que titulou en xuño de 2016 no ciclo medio de electromecánica de vehículos que solicitou participar no proxecto ERASMUS + "PRACTICUM DEPO 2016".

Desexámoslle moita sorte  á alumna Inés Groba Fernández na súa experiencia por Irlanda.

PROXECTO ERASMUS+ "PRACTICUM DEPO 2016"

O IES Pedra da Auga forma parte do proxecto Erasmus + "Practicum Depo 2016" que engloba dous cursos académicos: 2016-17 e 2017-18.

Este proxecto está destinado aos alumnos dos ciclos de grao medio de administrativo, automoción e electricidade que titularon en xuño do 2016 e queiran facer prácticas nunha empresa dun país europeo.

A duración da estancia é de 182 días.

Os países que se poden solicitar son:

Distribuir contido