Saltar navegación.
Inicio
Instituto de educación secundaria

KA102 - 14/16

FCT EN PORTUGAL

 

Os alumnos de CM de Instalacións Eléctricas e Automáticas, VÍCTOR PEIXOTO e JONATHAN FERREIRA, están a piques de marchar a Vilanova de Famalicao a realizar as súas prácticas da FCT grazas ó programa Erasmus+. Moita sorte coa experiencia!

Alumnado seleccionado para a mobilidade en Europa

Os candidatos seleccionados para realizar a FCT en Portugal no periodo ABRIL-XUÑO 2016 foron os seguintes:

-JONATHAN FERREIRA FERNÁNDEZ, do CM de Instalacións Eléctricas e Automáticas.

-VÍCTOR MANUEL PEIXOTO DOMÍNGUEZ, do CM de Instalacións Eléctricas e Automáticas.

Noraboa!

ERASMUS+ Program IQAIST

Teachers from the IES Pedra da Auga Secondary School are taking part during the school year 2015-2016 in several in-service training activities provided by the partners from the IQAIST (Improving Quality and Accessibility in In-Service Trainings) Strategic Partnership, which is funded by ERASMUS+

IQAIST

Programa de mobilidade "Europa. Next Station: Vocational Training"

Por segundo ano, o IES Pedra da Auga participa nun programa de mobilidade Erasmus+.

Se estás a cursar 2º de Ciclo Medio en calquera das ramas profesionais do noso centro e queres realizar a FCT nun país europeo, podes presentar a túa candidatura ata o 10 decembro de 2015.

Para participar, envia un correo electrónico explicando brevemente a túa motivación á dirección ies.pedra.auga@edux.xunta.es, poñendo como asunto "FCT en Europa". 

Para ver os criterios de selección, preme no arquivo que se achega.

FCT en Bolonia

Os alumnos JAVIER PEÑA, do CM de Electricidade, e JOSÉ ÁNGEL FERNÁNDEZ, do CM de Automoción, acaban de marchar a Italiac para realizar as súas prácticas da FCT, grazas o programa ERASMUS+.

Arrivederci e buon viaggio!

Alumnado seleccionado para participar no Programa Europeo

Dado que contabamos con 6 prazas para realizar a FCT en Europa, no periodo ABRIL-XUÑO 2015, e únicamente se presentaron 3 candidaturas, as 3 persoas presentadas foron seleccionados.

Para consultar a listaxe de seleccionados, prema no arquivo que se achega:                                                                                                                                                       

Reunión solicitantes "Europa. Next Station: Vocational Training Network"

CONVOCATORIA DE REUNIÓN PARA CANDIDATOS Á REALIZAR A FCT EN EUROPA

ORDE DO DÍA:

1- Procedemento para levar a cabo a selección definitiva de adxudicados.

2- Entrega do protocolo a seguir por parte do alumnado seleccionado.

LUGAR: Despacho de Dirección

DÍA: Mércores, 17 de decembro de 2014

HORA: 11.15-11.55

CONVOCA: Marta Torreiro, Coordinadora de Programas Internacionais

Programa "Europa. Next Station: Vocational Training Network"

Se estás a cursar 2º de Ciclo Medio en calquera das ramas do noso centro: Servizos Administrativos, Instalacións Eléctricas e Electromecánicas e Electromecánica de Vehículos, e queres realizar a FCT nun país europeo, podes presntar a túa candidatura ata o 12 decembro de 2014.

Para participar, envia un correo electrónico explicando brevemente a túa motivación á dirección ies.pedra.auga@edux.xunta.es, poñendo como asunto "FCT en Europa". 

Para ver os criterios de selección, preme no arquivo que se achega.

Non deixes pasar esta oportunidade!

Distribuir contido