Saltar navegación.
Inicio
Instituto de educación secundaria

Listaxes provisionais de admitidos e excluídos no Fondo Solidario de libros de texto

Con data de hoxe publícanse as listaxes provisionais do fondo solidario de libros de texto para alumnado da ESO con praza no IES Pedra da Auga para o vindeiro curso escolar 2017/2018.

Listaxe de excluídos.

Listaxe de incluídos.

Todos os excluídos cos mención "Falta documentación ou validación do centro" refírense ao mesmo problema: "Algún membro da unidade familiar estaba obrigado e non presentou declaración da renda ou existen varias declaracións. Deberá presentar a declaración en papel". Isto é, o sistema telemático da axencia tributaria non facilita os datos da declaración ao Instituto por algunha desas causas. Os solicitantes deberán achegarse á Axencia Tributaria e conseguir alí a declaración de tódolos membros da unidade familiar do ano 2015 e achegálo ao centro para facer a reclamación.

As reclamacións se presentarán nun prazo de dous días según o establecido no artigo 19 da Orde do 16 de maio de 2017 (DOG do día 22 de maio) que regula esta convocatoria.