Saltar navegación.
Inicio

PROXECTO ERASMUS+ "PRACTICUM DEPO 2016"

O IES Pedra da Auga forma parte do proxecto Erasmus + "Practicum Depo 2016" que engloba dous cursos académicos: 2016-17 e 2017-18.

Este proxecto está destinado aos alumnos dos ciclos de grao medio de administrativo, automoción e electricidade que titularon en xuño do 2016 e queiran facer prácticas nunha empresa dun país europeo.

A duración da estancia é de 182 días.

Os países que se poden solicitar son:

  • Reino Unido: axuda económica de 5.994 euros
  • Irlanda: axuda económica de 5.360 euros
  • Italia: axuda económica de 4.922 euros
  • Malta: axuda económica de 4.484 euros
  • Portugal: axuda económica de 4.288 euros
  • Paises Baixos: axuda económica de 5.556 euros
  • Finlandia: axuda económica de 5.164 euros