Saltar navegación.
Inicio

VISITA LÚDICO CULTURAL A ALLARIZ

Preme na imaxe para acceder á galería.

Co obxectivo de fomentar a convivencia nun contexto lúdico, alumnos e alumnas  de 1º de Bacharelato acompañados polos profesores Matías da Torre e Mercedes Martín, visitaron Allariz  os días 20 e 21 de xuño.

 Ao longo de dúas xornadas, profesores e alumnos divertíronse realizando distintas actividades:

 ·   Percorrido polo casco histórico de Allariz coñecendo a súa historia e arte.

 ·   Ruta do río Arnoia: Ruta de sendeirismo para visitar as marxes do río e comprobar “in situ” a súa recuperación , visitando o “Festival Internacional de Xardíns”  e visita e o Museo do Coiro.

 ·   Ruta a cabalo.