XORNADA ATLÁNTICA 2016

Co obxectivo de participar nunha xornada de convivencia na natureza co alumnado dos centros da rede PEA UNESCO de Galicia, o alumnos e alumnas de 4º ESO acompañados polas profesoras Gloria Iglesias e Loli  Pardo, visitaron o Bosque de Colón, unha plantación de seuoias californianas que EEUU regalou a España en 1992 e que representa a esperanza dun futuro de crecente amizade entre os pobos de ambos os dous lados do Atlántico.
O IES Pedra da Auga como en cursos anteriores,  tiña o desafío de realizar unha intervención artística, neste caso tratábase de lembrar e representar esta esperanza de irmandade entre pobos.
Investigando e tomando como referencia obras de artistas que realizaron intervencións na natureza, as profesoras e o seu alumnado fixeron a seguinte proposta: Tecer redes entre as secuoias como xeito de simbolizar a amizade transoceánica. As redes que conectan as secuoias (simbolizando aos pobos de América) son collidas polos nenos e profesores (simbolizando aos pobos desta beira do Atlántico).
Preme na imaxe para acceder á galería.


Trala intervención os nosos alumnos e alumnas agasallaron aos participantes da actividade cun cómic "Atlantiña" deseñado por Iria Fernández Groba e por Luisa de Castro Sousa.