Iniciar sesión

Calendario

« Decembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Impresos e modelos

NOVOS ITINERARIOS

PMAR

CICLOS FORMATIVOS

DOUS EQUIPOS DE BACHARELATO NA SEGUNDA FASE DO CONCURSO “GENERACIÓN €URO”

Dous equipos, cada un formado por cinco alumnos e alumnas de Bacharelato do noso centro, coordinados pola profesora Milagros Malvido, superaron a primeira fase do concurso “Generación €uro”.

Cada equipo recibiu un diploma que acredita que foron seleccionados entre os vinte mellores, feito que posibilitou o acceso a segunda fase do concurso.


“Generación €uro” é un concurso sobre política monetaria convocado polo Banco de España que trata de fomentar a participación da comunidade educativa en actividades de carácter económico-financeiro, así como de dar a coñecer o papel da política monetaria do Eurosistema e o seu papel como garante da estabilidade de prezos.

Os equipos xa están inmersos no traballo da segunda fase, nesta deberán realizar un escrito no que analizarán a situación económica da zona euro, así como as perspectivas de inflación.

Parabéns e moita sorte.