Skip to Content

Actividades, Ligazóns de interese, Novas

Proxecto de Dinamización lingüística (2019-2020)

Proxecto Dinamización lingüística

PÍLULAS PARA MELLORAR O GALEGO

 

Preme na nube de palabras para ver pequenos vídeos do espazo Dígocho eu, da TVG, que nos axudan a reparar en erros frecuentes ó empregarmos a nosa lingua.

A nube está feita con palabras relacionadas dalgún xeito coa nosa vida escola, todas agás unha. Es quen de atopala? Unha pista, é unha palabra que usamos gran cantidade de veces nesta zona.

O Día das Letras Galegas adícase a R. Carvalho Calero

A RAG adiou a celebración das Letras Galegas ata o 31 de outubro pola alerta sanitaria da Covid 19. Porén, queremos adiantar aquí unha pequena referencia a esta destacada figura da nosa lingua.

Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Compostela, 1990) foi un dos maiores intelectuais galegos do século XX, tanto como ensaísta e creador como por ser un incansábel galeguista. Estudou dereito na Universidade de Santiago e interesáronlle desde cedo a literatura e a política. A Guerra Civil frustra a súa traxectoria e despois de loitar no bando republicano é represaliado pola ditadura franquista. En 1965 tórnase o primeiro profesor de galego da Universidade. A partir de 1975 comeza a defender as posicións reintegracionistas para o galego, o que provocaría que fose marxinado polas institucións. 

Bótalle unha ollada a esta breve animación sobre Carvalho Calero que resume a súa vida e traxectoria literaria.

Polo Samaín, botamos un conto... ou máis!

O Samaín chegou un ano máis ao noso instituto, e o alumnado de 1º e 2º ESO protagonizou toda unha sesión de narración oral que prestou a adultos e pequenos. A actividade comezara xa días atrás coa preparación da sesión de contos, escollidos desde o departamento de Lingua Galega e o equipo de DLG, para dar a coñecer e traballar relatos enraizados na nosa tradición. Xa logo, desde as titorías, artellouse a dramatización das historias, a caracterización e a posta en escena.

Distribuir contido


by Dr. Radut