Skip to Content

Música, Novas, Pendentes, Actividades, Ligazóns de interese, Programación

ACTUALIZACIÓN DE PROGRAMACIÓN DE MÚSICA E CULTURA CLÁSICA

Actualización das programación de música e cultura clásica según a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación no sistema educativo de Galicia

Programación de música

Criterios de avaliación de música

Programación de cultura clásica

Criterios de avaliación de cultura clásica

ACTUALIZACIÓN DE PROGRAMACIÓNS DE MÚSICA E CULTURA CLÁSICA según a orde do 25 de Xaneiro de 2022

Actualización de programacións de música e cultura clásica según a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación no sistema educativo de Galicia.

Cantamos no mundo! Unha viaxe sonora pola Lusofonía

Hoxe, 17 de maio, Día das Letras Galegas 2020, propoñémosvos unha viaxe da man das músicas de raíz lusófona. Seguindo os pasos de Ricardo Carvalho Calero, visitaremos lugares, xentes, culturas coas que temos ese vencello lingüístico.

O homenaxeado deste ano, Ricardo Carvalho Calero, conta cunha biografía apaixoante que acompañou os principais acontecementos do S.XX, vividos desde o Galeguismo político e cultural.

No ámbito literario destacou por ser un auténtico polígrafo, cultivando a poesía, o teatro, o ensaio, a narrativa (recomendámosvos a lectura de Scórpio, novela intrigante cun certo carácter autobiográfico, que en breve estará na nosa biblioteca)  O autor elaborou tamén a Historia da Literatura Galega, unha aportación central para establecer o noso canon literario. 
Xa no plano lingüístico, sen dúbida, destacou por plantexar unha aproximación ortográfica co portugués, dotando ao galego dun maior valor comunicativo a nivel internacional, integrándoo na Lusofonía. Esta proposta respecto da grafía da lingua é denominada Reintegracionismo.

Convidámosvos a entrar neste mapa sonoro que estivemos a elaborar co alumnado de 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO. A tod@s @s que participastes, foi un pracer traballar con vós e descubrir as artistadas que sodes quen de facer. Obrigadas!!

 

Departamentos de Música e de Xeografía e Historia. Biblioteca Escolar IES Plurilingüe Pedra da Aguia

#CarvalhoCalero2020 #LetrasGalegas2020 #CarvalhoCaleroCamariñas

Distribuir contido


by Dr. Radut