Skip to Content

Xeografía e historia, Novas, Programación, Pendentes, Actividades, Ligazóns de interese

ROMA Traballos 2ºA,B

Para 2º ESO, hai na aula virtual un resumen de Roma e preguntas sobre o tema

A Escola embaixadora a exame

O 11 de marzo visitou o noso centro Horacio Díez, representante da Oficina do Parlamento Europeo en España. Horacio quería saber dos nosos proxectos como Escola embaixadora e coñecer aos novos embaixadores júnior, todos alumnos de 3ºA. Despois de facer un xogo trivial cos estudantes e de explicarlles máis polo miúdo o traballo na UE, Horacio posou con todos eles e, como non, ca nosa Caramiña.

Máis en La Voz de Galicia e El Correo Gallego.

Brillante actuación no Parlamento Xove

A principios do mes de marzo disputouse unha nova edición do programa Parlamento Xove, na que estudantes da ESO debaten entre si, a favor e en contra, sobre un tema proposto. Esta vez, se se debían incrementar as sancións a particulares e empresas por cometeren delitos medioambientais. Pois ben, Álvaro, Noa, Laura e Borja, alumnos de 3ºA, foron gañando confianza a medida que se sucedían os debates e defenderon brillantemente as súas popsturas. Non pasaron á fase final, pero a experiencia obtida xa lles fai pensar na proxima edición.

Máis en El Correo Gallego, Que pasa na costa e Diario de Camariñas.

Distribuir contido


by Dr. Radut