Skip to Content

Matemáticas, Pendentes, Actividades, Enlaces de interese, Novas, Programación

Programación didáctica do Departamento de Matemáticas para o curso 2018-19

Programación didáctica do departamento de Matemáticas para o curso 2018/2019

Aquí hai talento matemático!

Ariadna Martínez Pasión, alumna de 1º B, vén de ser seleccionada para integrar o grupo de 25 alumnos de toda Galicia que participarán o vindeiro curso nas actividades do programa ESTALMAT.

Este proxecto da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales pretende detectar, orientar e estimular o talento matemático excepcional de estudantes de 12-13 anos.

As actividades que desenvolverán os rapaces son un campamento matemático ó comezo do vindeiro curso e 20 sesións de formación matemática, non orientada a adiantar contidos do seu currículo, senón a desenvolver aspectos esenciais das matemáticas que habitualmente quedan fóra das programacións.

Parabéns Ariadna e que goces desta experiencia!

Gañadores concurso Fotografía Matemática

Os gañadores do concurso de fotografía matemática son:

Primer Premio

Segundo Premio

 

Parabéns aos gañadores!!

En que mes estamos? No matemés!

Dende o Departamento de matemáticas estamos a desenvolver durante este mes de abril dúas actividades:

O MATEMÉS: É un concurso no que se vos propón semanalmente un reto matemático para darlle solución. Os retos colgaranse cada luns no taboleiro de entrada da biblioteca e debedes ser rápidos, porque se dades a solución o primeiro día tedes 5 puntos, pero cada día que vaia pasando pode ganarse un punto menos ó acertar, de xeito que o venres xa só poderiades levar un punto. No concurso particípase en grupos de tres persoas e haberá un premio para primeiro e segundo e outro para terceiro e cuarto.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA: Fíxate ben, ves as matemáticas arredor de ti? Mosaicos, simetrías, figuras xeométricas..., están por todas partes! Tíralles unha foto e participa ata o 27 de abril. Podes gañar unha calculadora científica, uns auriculares ou un tangram. Consulta as bases do concurso.

Distribuir contido


by Dr. Radut