Skip to Content

2º ESO

Tarefas na casa 2º ESO. Terceiro trimestre.

Salvo que se indique outra data, as tarefas teñen de prazo para entregarse ata o venres de cada semana (incluído).

 

SEMANA do 8 ó 12 de XUÑO

Tarefa 14ª (8/6) Data de entrega: venres 12 de xuño.

Tedes en Agueiro unha tarefa de introdución ó deseño asistido por ordenador CAD. Tratade de empezala antes da videoconferencia para detectar dificultades.

 

 

SEMANA do 1 ó 5 de XUÑO

Tarefa 13ª (1/6) Data de entrega: venres 5 de xuño.

Tedes en Agueiro nova tarefa, sobre o tema de Electricidade. Recordade tela revisada antes da videoconferencia para poder preguntar dúbidas.

 

 

SEMANA do 25 ó 29 de MAIO

Tarefa 12ª (25/5) Data de entrega: venres 29 de maio.

Tedes en Agueiro nova tarefa. A desta semana é a mesma para todos. Non creo que teña dificultade, pero recordade tela revisada antes da videoconferencia para poder preguntar dúbidas.

 

 

SEMANA do 18 ó 22 de MAIO

Tarefa 11ª (18/5) Data de entrega: venres 22 de maio.

Podedes consultar en Agueiro as instrucións para realizar a tarefa desta semana. Recordade tela revisada antes da videoconferencia para poder aproveitar a conexión para preguntar dúbidas.

 

 

SEMANA do 11 ó 15 de MAIO

Tarefa 10ª (11/5) Data de entrega: venres 15 de maio.

Tedes en Agueiro as instrucións para realizar a tarefa desta semana.

IMPORTANTE: Lede a información referente a atrasos e erros de forma nas entregas.

 

 

SEMANA do 4 ó 8 de MAIO

Tarefa 9ª (4/5) Data de entrega: venres 8 de maio.

Tedes en Agueiro as instrucións para realizar a tarefa desta semana, que será a mesma para todos. É en parte de repaso, que aproveitarán os que teñan que recuperar a primeira avaliación, e en parte materia nova, pero que é importante que todos fagades, correspondente ás ferramentas do taller.

 

 

SEMANA do 27 ó 30 de ABRIL

Tarefa 8ª (27/4) Tedes en Agueiro as instrucións para realizar unha nova tarefa en Tecno12-18. Data de entrega: venres 1 de maio.

O alumnado que ten máis de unha avaliación suspensa, ten que ir tratando de facer o traballo marcado para as dúas avaliacións, aínda que entregue fóra de prazo.

Os datos de acceso a Tecno12-18 tedes que pedirmos a min. Non podedes empezar con esta parte mentres non teñades resoltas determinadas tarefas anteriores.

 

 

SEMANA do 20 ó 24 de ABRIL

Tarefa 7ª (20/4) Tedes en Agueiro as instrucións para realizar unha nova tarefa en Tecno12-18.

 

 

SEMANA do 14 ó 17 de ABRIL

(14/4) Ola rapaces! Espero que sigades todos ben e que puidérades gozar duns días de lecer, dentro do que nos permite este confinamento na casa. Hoxe comeza o terceiro trimestre, así que retomamos a actividade.

Esta semana, a tarefa é:

- Para os que fixestes entregas, ler a mensaxe que vos deixei a cada un en Agueiro e facer as correccións que vos indiquei.

- Para os que non comezastes ou levades atraso, aproveitade para vos poñer ó día!

NOTA IMPORTANTE: Tedes que ler con atención, seguir as instrucións e tamén tratar de buscar solucións cando se vos di que están ó voso alcance e ata onde buscalas. Boa parte do traballo destes días, tanto para min coma para vós, foi corrixir defectos de forma: tedes que entregar onde se vos indica, co título requerido, organizado como vos pido, etc. Pode parecervos algo sen importancia, pero a min dáme moita información sobre a vosa competencia lectora, a vosa capacidade de aprender sós, a vosa iniciativa, se valorades a boa presentación, etc.

Vacacións

Estamos de vacacións, así que esta semana non hai novas tarefas. Os que vaiades atrasados nas entregas, podedes aproveitar para vos poñer ó día. Os que xa fostes facendo as actividades, o MÉRCORES teredes unha mensaxe en Agueiro coas correccións que precisades facer nalgún momento. Gozade todo o que poidades destas vacacións na casa.

Tarefas dende a casa durante o período de peche do centro

 

 

SEMANA 3ª (30/03-03/04). Entrega de tarefas ata o venres 03/04.

6ª Tarefa (31/03)

Veredes que é a única desta semana referente a contidos en si de Tecnoloxía. Son tres actividades sobre Estruturas. As instrucións, no lugar habitual. Quen non teña ordenador pode facer igualmente as tarefas desta semana usando o teléfono móbil.

5ª Tarefa (31/03)

Deixamos por esta semana o procesador de textos e imos repasar a unidade de Estruturas, na que estabamos cando se suspenderon as clases. Para iso imos empregar unha web e para accedder a ela tedes as instrucións en Agueiro.

Recordade revisar o voso buzón de mensaxes de Agueiro (na icona do perfil), podedes ter algún aviso meu.

4ª Tarefa (31/03)

Ola a todos e a todas. Comezamos outra semana de traballo dende a casa. Tedes as instrucións para esta primeira tarefa en Agueiro.

 

 

 

SEMANAS 1ª e 2ª (15/03-29/03). Entrega de tarefas ata o 29/03.

3ª Tarefa (25/03)

Le esta nova sobre seguridade e ciberataques e coméntaa brevemente enviándome unha mensaxe a través de Agueiro.

2ª Tarefa (24/03)

Non é unha actividade en si, senón unha serie de instrucións que debedes consultar en Agueiro para poñer un pouco de orde no traballo que estades entregando.

1ª Tarefa (15/03-29/03)

Boas a todos e a todas. Déixovos aquí indicacións para traballar dende a casa durante as dúas primeiras semanas de suspensión de clases. Se este período se prolonga, proporcionareivos novas actividades. Estade atentos e atentas!

Polo momento, tedes as instrucións e o material para traballar en AGUEIRO. Debedes buscar en Portafolio/Compartido comigo.

Para calquera aclaración (tarefas, problemas de instalación, etc.) ou para recuperar claves de acceso a Agueiro, podedes contactar comigo escribindo ó enderezo tecnogema@gmail.com

Distribuir contido


by Dr. Radut