Skip to Content

2018-2019

Rutas científicas, artísticas e literarias 2018

Vinte e catro rapaces e rapazas de 2º da ESO marchan durante unha semana de ruta polo sur, dentro da actividade do ministerio Rutas científicas, artísticas e literarias. Nun intenso programa, percorrerán varias cidades, pasearán polos lugares que inspiraron a Bécquer, visitarán as minas de Riotinto e ata sentirán fungar as motos en Xerez.

Máis información, no lateral e en  La Voz de Galicia.

Martes de estrela

Onte o tempo acompañou, e puidemos levar a cabo a observación astronómica. A xornada comezou cun entretido kahoot sobre a temática, tralo cal demos inicio á actividade tan esperada pola rapazada de 1ºESO: a observación da Lúa, Saturno, Marte e outros astros, como unha estrela dobre e un cúmulo estelar.

Rutas científicas, artísticas y literarias 2018

As fotos sacadas durante a excursión están dispoñibles na aula 13 os xoves no 2º recreo.

 

· Blog de la Ruta

 

· Las Rutas en los medios:

(20/10/18) La Voz de Galicia

(22/10/18) Que pasa na costa

(27/10/18) Diario camariñán

(28/10/18) La Voz de Galicia

 

· Información sobre las Rutas:

· Recorrido

· Cronograma

· Algunas consideraciones previas al viaje

· Hoteles:

          - Hotel Anas, Av. Reina Sofía, 9, 06800 Mérida, Badajoz

          - CEAM Coto de la Isleta, Camino del Tiro Pichón, s/n,  El Puerto de Sta María

· Compañeros de viaje: IESO Tomás Bretón, de Salamanca

 

 

Saída da convivencia

Acompañados dun sol marabilloso e dun ventiño que aliviaba algo a calor, todo o centro participamos este martes na tradicional xornada de convivencia, na que coñecemos un pouco máis ós novos compañeiros e compartimos conversas e diversión mentres percorremos a pé a costa entre Camelle e a praia de Soesto. Estupendo comezo de curso!

Entrega do premio Euroscola 2018

O venres 1 de xuño, a Directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez, fixo entrega aos embaixadores junior do Parlamento Europeo, dos premios que os acreditan como gañadores a nivel autonómico do concurso Euroscola 2018.

Ademais dunha placa conmemorativa, os alumnos recibiron distintos agasallos entre os que destacan unha fin de semana no albergue de ocio de Gandarío e unha viaxe ao Parlamento Europeo en Estrasburgo para participar con outros gañadores do concurso na UE dun evento no que se debaterán temas de interese relacionados con Europa.

Máis información, no portal da Xunta de Galicia, El Correo Gallego e Que Pasa na Costa.

Distribuir contido


by Dr. Radut