Skip to Content

Ligazóns de interese

Sabes o que comes?

Hoxe, 28 de maio, con motivo da conmemoración do Día Nacional da Nutrición, que celebra a Federación Española de Sociedades de Nutrición, Alimentación e Dietética na súa XVIII edición, propoñémosvos resolver este pequeno test (publicado na páxina de antena 3 noticias) para comprobar canto sabedes sobre alimentación saudable.

Animádesvos?

Planeta ou plástico?

En España véndense 50 millóns de envases de bebidas cada día, dos cales 30 millóns non se reciclan. Gran parte dos plásticos de usar e tirar acaban no mar: estímase que entre 5 e 50 billóns de fragmentos plásticos flotan a día de hoxe polos océanos e diversos estudos falan da contaminación de alimentos que consumimos cos denominados microplásticos. Nas seguintes ligazóns, amosámosvos dous artigos relacionados con estas cuestións:

- 5 alimentos contaminados por plásticos que consumimos a diario

- Os efectos da "plastiesfera"

Que é o consumo responsable?

Nesta entrada facilitámosvos os enderezos de varias páxinas web de interese para que vos poidades informar sobre o que significa ser consumidor responsable. Os vídeos explicativos que aparecen nelas son moi ilustrativos e conseguen resumir o concepto de forma clara e sinxela. Botádelle unha ollada!

http://www.consumopolis.es

https://consumidoresresponsables.org

9 tips para vivir con menos plástico

 

Reducir o uso e o impacto que os plásticos teñen sobre os ecosistemas e a nosa saúde é responsabilidade de todos e todas. Para isto debemos ir á orixe do problema reducindo a cantidade de plásticos que se poñen en circulación e apostando despois pola reutiilización.

Mirade atentamente estes 9 consellos que se mostran na imaxe para reducir o consumo de plástico. Aplicades algún?

Que non nola coen coas etiquetas!

Deixámosvos a ligazón a un interesante vídeo que mostra como o etiquetado de moitos produtos da industria alimentaria pode levar a engano. Así o explica Gemma del Caño, doutora en Farmacia e especialista en Biotecnoloxía, Innovación e Seguridade Alimentaria, ao equipo de "Maldita Ciencia", unha das ramas das que se ocupa o proxecto periodístico independente "Maldita.es".

De agora en adiante... atentos e atentas ás etiquetas!

Distribuir contido


by Dr. Radut