Skip to Content

2015-2016

Saída de Convivencia 2015

O pasado 29 de setembro, algo máis de 150 alumnos do noso centro, acompañados polo profesorado e por un grupo de Protección Civil de Camariñas, deu a benvida ao novo curso facendo un roteiro a pé entre Cabo Touriñán e a praia de Nemiña.

Foi un traxecto de 7 km por estreitos carreiros cheos de toxos preto da costa. Pero o bo tempo e o mar tranquilo axudou a que puidéramos disfrutar dunha paisaxe única nun día estupendo.

Percorrendo a illa de Vigo

O xoves pasado, sansimonos rapaces do club de lectura Arao visitaron as illas de San Simón e San Antonio, das que xa coñecían moitos recunchos tras ler Noite de voraces sombras (Agustín Fernández Paz). O lugar mantén unha forte carga simbólica vinculada cos seus papeis ao longo da historia: testemuña de avatares marítimos, referencia literaria da poesía medieval, refuxio monacal, lazareto para doentes infecciosos, cárcere político do réxime ditatorial franquista...

Museo de Historia Natural da USC

Aí vos vai un pequeno resumo da visita dos de 1º ao Museo de Historia Natural de Santiago.

O 12 de maio demos un  paseo guiado por un excelente guía que nos foi mergullando nese aspecto da natureza tan pouco entendible pero moi necesariamente defendible: a biodiversidade. Un alumnado moi disposto a escoitar as indicacións e moi curioso ante algo que lles parecía novo, pero que xa teñen diante no seu día a día: o iguales e diferentes que somos os habitantes do noso instituto. E o necesario que é protexer esa diversidade!.

Distribuir contido


by Dr. Radut