Skip to Content

2015-2016

Visita de ex-deputados galegos

Como vén sucedendo nos últimos catro anos, o alumnado de 3º recibiu este martes a visita de varios ex-deputados do Parlamento galego. Ángel Mesa (PP), Luis Toxo (PSdG) e Xesús Veiga (BNG) contaron as súas vivencias na política e resaltaron o importante da formación académica para desenvolverse de forma axeitada nese eido.

Un bo ano para lembrar a Cervantes

O departamento de Lingua Castelá quixo Celebrar o San Martiño e, cun día asollado e caloroso, dirixímonos a Compostela nin máis nin menos que 80 alumnos e alumnas acompañados por cinco profesores/as. Para que esta escapada outonal?, para disfrutar da representación teatral de dous entremeses de Miguel de Cervantes.

Coa compañía Teatro do Repartidor atopámonos no s.XVII. Un curral de comedias. A compañía disponse a representar “O retablo das marabillas” e “A cova de Salamanca”, dous entremeses que reflicten a época, as súas circunstancias e curiosamente cun enorme parecido coa realidade actual.

A continuación, xa mortos de fame dirixímonos ao Centro Comercial “As Cancelas”, onde algunhas das súas tendas quedaron encantadas coa nosa visita.

Outro curso máis onde o teatro non pode faltar.

  

Por fin comenzamos a andar

Después de un café y un bocata en tierras leonesas, estiramos las piernas, empezamos a hablar castellano y preguntamos, una vez más, cuánto faltaba para llegar.

Todos estáis invitados a compartir la ruta con nosotros a través del blog Pedra da Aguia en ruta

Promocionamos o encaixe

 

Hoxe saímos en La Voz de Galicia con motivo das Rutas científicas, artísticas y literarias.

A ruta farémola en compaña do IES Marqués de los Vélez, de Murcia e ademais de información sobre os nosos lugares de orixe, intercambiaremos agasallos. Como non podía ser doutro xeito e grazas á Mostra do Encaixe, os nosos presentes amosarán a delicadeza e versatilidade da principal artesanía da nosa comarca.

RUTAS científicas, artísticas e literarias. Escribimos o que vivimos

Se queres facer a viaxe connosco a través das nosas publicacións, visita

Pedra da Aguia en ruta

Imos de ruta!

O noso instituto foi seleccionado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para participar no programa educativo Rutas científicas, artísticas e literarias, dentro do cal realizaremos diversas actividades e visitas por Madrid, Toledo, Cuenca e outras localidades da zona.

O roteiro será realizado por alumnado de 2º ESO e desenvolverase do 1 ao 7 de novembro.

Queremos agradecer a súa colaboración á Mostra do Encaixe de Camariñas, que nos proporciona os agasallos para intercambiar co instituto co que compartimos roteiro, a Industrias Cerdeimar, que nos entregou unha selección dos seus produtos para que os nosos compañeiros de viaxe os poidan degustar, e ao Concello de Camariñas, que subvenciona o 25% do custo dos desprazamentos entre o centro e os lugares de comezo e remate da actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut