Skip to Content

2015-2016

Escaques 2016

  Hai uns días rematou o IX torneo Escaques de xadrez, resultando vencedor José Vázquez.
 

Este ano a competición foi moi emocionante, xa que se xogou na modalidade de quendas de cinco minutos por xogador e porque o título de gañador estivo moi disputado ata o último momento.

Un novo comezo

Despois de nove anos traballando no centro, retírase o noso conserxe, compañeiro, amigo, Plácido. Os sentimentos mestúranse. Pesar, por non contar máis coa súa compaña no día a día. Ledicia, por ver que se xubila en plena forma para adicarse de cheo ás súas afeccións e novos proxectos.

Plácido..., aínda que hai que dicir que non sempre é tan plácido, que o seu xenio tamén ten!. Pero cando unha pensa nel, o que vén á mente é un home cumpridor, mañoso, detallista, amigo de estar coa xente, da conversa e da discusión. E tamén vexo un enxeñeiro, que os estudos non os terá pero de enxeño vai sobrado e o mesmo escribe un artigo para o xornal, que un poema ou unha clasificación piscícola da humanidade que o arrodea (esa si que foi boa!).

Desexámoste moita sorte na etapa que agora estreas, pero resistímonos á despedida, así que esperamos que nos poñas un pouco de menos e nos veñas ver de vez en cando. Nós xa te botamos en falta.

Recollida solidaria de alimentos

O Pedra da Aguia pon en marcha unha campaña de recollida de alimentos que se extenderá ata o 15 de decembro.

Todos estamos chamados a colaborar traendo ó centro aceite, legumes, pasta, conservas, leite, azucre, cacao, galletas...

Os alimentos que se obteñan serán entregados a Cáritas de Camariñas para ser repartidos entre os nosos veciños.

Recordos das Rutas

Deixámosvos aquí unhas fotografías da viaxe. En breve, engadiremos outras.

25 N, Día internacional contra a violencia machista

25 NO feminicidio, o asasinato de mulleres polo mero feito de selo, é, por diante de cancro, accidentes de tráfico e guerras, a principal causa de morte das mulleres de entre 15 e 44 anos.

Mais atopamos outras formas sutís de violencia nas nosas relacións familiares, sociais, de parella, no traballo, na escola... Recoñecer estas actitudes é preciso para propiciar cambios e, coa intención de identificalas e combatelas, o alumnado do centro participou, no que vai de curso, en varios obradoiros sobre o tema.

Neste día de conmemoración, rapaces e rapazas de 1º e 4º acudirán ao Concello para expresar o sentir do Pedra da Aguia lendo un manifesto en contra da violencia de xénero.

 Cartel deseñado por Oumaima El Moussaoui (1º B)

Primeira xornada do Grupo de encontro de nais, pais e profes

Grupo de Encontro e debateO luns tivo lugar a primeira sesión do grupo de encontro deste curso escolar (e xa van 7!). Nela abordouse "A prevención da violencia de xénero desde a familia. Educar en igualdade”.

Marta Sanz, educadora social da empresa Senes que guiou a exposición e o debate, fíxonos reflexionar sobre os estereotipos de xénero e sobre as condutas que debemos evitar nos nosos fogares.

Realmente avanzamos en igualdade nos últimos anos? Despois de ler un texto sobre o papel da muller na sociedade e na familia nos anos 60 do século pasado e aínda que queda moito por andar no tema da igualdade, hai que recoñecer que as nosas nais e avoas tivérono máis difícil.

Voltaremos en xaneiro para falar sobre alimentación saudable.

Distribuir contido


by Dr. Radut