Skip to Content

Valoración do proxecto

VALORACIÓN DO PROFESORADO

Consideramos axeitado falar de sexo nas aulas, e curiosamente o alumnado comenta que lles resulta máis doado falar destes asuntos en clase que nas súas casas.

En todo caso, considero que gran parte dos debates, actividades e fichas están enfocadas dun xeito moi académico, e o alumnado “aprende” a respostar con corrección política. As súas opinións son en moitos casos as que saben que non lles ocasionan problemas nin debate. Aprenden cales son as respostas que a sociedade quere escoitar e repítenassistematicamente. Pero se perciben condutas sexistas no día a día que obviamente son contraditorias co que despois din que realmente pensan.

Para vindeiras fichas e programas gustaríame que houbera test e actividades máis enfocadas a un maior afondamento na realidade, e non tratar estes temas coma una materia na que “se debe aprobar” dicindo o que se espera.



page | by Dr. Radut