Skip to Content

Espazo para a memoria do programa no curso 2020/2021

Durante o curso 2020-2021, nas materias de Matemáticas, Música e Bioloxía dos grupos de  3ºA e 3ºB da ESO se foron desenvolvendo os contidos que aparecen nas fichas do programa “Quérote +”do Plan Proxecta:

Durante o presente curso houbo certas dificultades para organizar ou realizar algunhas actividades, sobre todo as grupais, por mor das normas sanitarias impostas pola Xunta.

 Ficha 1: Fíxose una presentación do programa e informouse ó alumnado das diversas actividades e debates que se propoñían dende o programa. Tamén se fixo una primeira toma de contacto para ver o nivel de madurez e de coñecemento que había sobre os temas sexuais e sociais.

 Ficha 2: Durante esta sesión o alumnado escribiu preguntas ou dúbidas que teñen sobre sexo, vida sexual, etc. Estas foron as máis recorrentes: - Porque as persoas senten tanta atracción cara este termo, que é o que nos fai interesarnos tanto por esta actividade ademais do momento de reproducirnos? - Pódese ter sexo cando se chega á vellez? - É importante o sexo nunha relación? - Como se coloca un condón? - A primeira vez doe? - Con cantos anos é mellor perder a virxindade? - Gustaríame saber máis sobre as enfermidades de transmisión sexual - Que anticonceptivos hai? - Ten máis protección un condón masculino ou feminino? - Idade para ver porno - Se é bo ver porno.

Nunha segunda parte reflexionamos sobre algunhas frases que escoitamos a cotío e que se relacionan directa ou indirectamente con estereotipos.

Algunhas opinións recollidas por escrito entre a rapazada foron deste tipo:

Quedou a caixa de suxestións na aula, para revisar e contestar as dúbidas a medida que avanza o programa de Quérote máis.

 Ficha 3: Esta ficha desenvolveuse en dúas sesións. Este tema foi tratado como debate aberto na clase. A participación foi interesante e as opinións en xeral versaban sobre a liberdade e o respecto a calquera tipo de desexo ou identidade.

Falouse tamén de estereotipos e de como a linguaxe pode ter connotacións desagradables aínda que non haxa mala intención. Fixemos un xogo de intercambio de roles.

Por último, vimos a curta “Vestido novo”.

 Ficha 4: Para esta ficha o titor preparou unha serie de preguntas referidas ó amor romántico, o seu significado e vixencia, os roles de cada xénero, as consecuencias sociais, etc.

Tamén vimos o vídeo das “Queer avengers” para entrar en contexto.

O MODELO DE AMOR ROMÁNTICO

Que é o amor? Que é o namoramento? Que se sente nese estado? O amor como emoción ou sentimento é diverso, non hai un modelo nin unha forma de expresalo que sexa única; é plural e diverso como o son as persoas e as relacións afectivas que se poden establecer entre elas. Porén, existe un modelo social dominante que impera na nosa cultura e que xera un sistema de mensaxes sobre as características que debe ter “o amor verdadeiro”. Estamos a referirnos ao modelo de “amor romántico”. a) Existe a media laranxa b) Os celos son síntoma de amor c) A confianza é dalo todo c) O amor move montañas (pode con todo) d) En parella non hai segredos (non hai lugar para a intimidade) e) Hai que ter parella, se non tes parella é que tes un problema f) No amor hai sufrimento, se non o hai é que non hai amor

Esta serie de tópicos e mitos asociados ao amor romántico crean unha serie de expectativas sobre como deben ser as relacións afectivas e tamén un estándar no comportamento de homes e mulleres. Unha idealización do amor que provoca en moitos casos o establecemento de relacións tóxicas, de desigualdade e que inciden directamente na seguridade e autoestima das persoas.

Actividade: Análise do modelo de amor romántico:

1. Explica coas túas palabras os conceptos asociados ó amor romántico expostos no cadro.

2. Reflexiona agora:

2.1 o rol do sexo masculino nese modelo.

2.2 o rol do sexo feminino nese modelo.

3 . En que medios atopamos mensaxes sobre o amor ou os tipos de amor? Que tipo de mensaxes son esas?

4. Define coas túas palabras o concepto de amor e compárao co concepto de amor romántico. Cres que as túas ideas sobre o amor están influídas por mensaxes externas?

Ei aquí un exemplo do que contestou o alumnado:

 

Ficha 5: Sobre sexo e tecnoloxía houbo varios debates abertos, con bastante participación.

Exploráronse diversas situacióne e cambios de roles. Non se falou só de whatasapp ou Facebook, senón da sexualización dos medios de comunicación, a publicidade, etc.

Visualizouse “Doble check”. Algunhas opinión estaban orientadas cara á relación dos rapaces e outras sobre as razóns que esgrimían ambos.

En xeral, as respostas do alumnado van moi encamiñadas a dicir o que se espera deles, pero nalgúns casos hai una preocupante tendencia ó control das parellas.

 Ficha 6: Fixemos o rondó que propoñía a ficha e vimos as reaccións das persoas implicadas.

Na segunda sesión desta ficha vimos o vídeo sobre consentimento sexual. Tentamos contestar ás preguntas que aparecen na ficha e exploramos diversas situacións nas que pode haber malosentendidos ou complicacións en canto a relacións sexuais.

Por último, tamén se abordou o tema da autoestima, da aceptación e da relación entre medios de comunicación e imaxe social.

Respostas de preguntas plantexadas no buzón.

 Ficha 7: Durante esta sesión estableceuse una liña base para empezar o debate. Non se fixeron grupos como propón a actividade, senón que se fixo de xeito grupal.

Vimos algúns vídeos de publicidade sobre preservatidos dende os anos 80 ata os nosos días e analizamos os cambios sociais que houbo sobre este tema.

Falamos sobre o embarazo e as consecuencias. Analizamos as diferenzas que existen ó redor deste tema entre xéneros e sociais.

 Ficha 8: Nunha sesión valoramos os contidos que estivemos vendo nas fichas anteriores e falamos dos conceptos novos que aprendemos e se este tipo de programas son axeitados, se o alumnado está cómodo con este tema na aula, se se aproveitan, etc.

Repaso do visto e falado. Entrega do taboleiro pola aula virtual.

 



page | by Dr. Radut