Skip to Content

Convivimos, reivindicamos

Foto de Mar de Fábula                                       

O pasado venres 27 o alumnado e o profesorado do Pedra da Aguia camiñamos xuntos ata Arou na Marcha da convivencia, unha andaina coa que adoitamos comezar o curso para acoller aos novos compañeiros compartindo un tempo de lecer.

Este ano tirámoslle aínda máis proveito á saída, xa que, convocados polo concello e a asociación Mar de fábula, unímonos aos colexios de primaria da Ponte do Porto e Camariñas para realizarmos todos xuntos diversas actividades coas que chamar a atención sobre a necesidade de tomar medidas para loitar contra o cambio climático e a contaminación dos mares. E aí estamos na foto, no areal de Camelle, uns de lado dos outros para dar forma á nosa reivindicación: MAR LIMPO XA!.



page | by Dr. Radut