Skip to Content

Materiais intelixentes

O pasado venres, o profesor da UVIGO, Rubén Figueroa Martínez, impartiulle unha charla ao alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO e 1º BACH sobre os materiais intelixentes. A exposición desenvolveuse en tres partes:

1.- Introducción histórica sobre as diversas etapas da historia que estiveron determinadas tecnoloxicamente polo xurdimento de algún material novo, dende á Idade de Pedra ata aos nosos días de Idade do Silicio.

2.- Presentación do que son os materiais intelixentes, no sentido de que poden alterar as súas propiedades dependendo dun estímulo externo, incluso nalgúns casos, recuperando o seu estado inicial ao rematar a aplicación dese estímulo. Nesta presentación amosáronse varios exemplos de materiais deste tipo, cunha visualización real do comportamento dos materiais e relatando diversas aplicacións dos mesmos.

3.- Explicación de determinadas propiedades curiosas dos materiais que deron lugar a aplicacións determinadas, referíndose a metais e polímeros. O tempo non permitiu máis, pero foi moi interesante para completar os puntos de vista dos temas de Tecnoloxía que tratan esta temática.


 

 



page | by Dr. Radut