Distribución de máscaras entre o alumnado

ALUMNADO DESTINATARIO:

  1. BENEFICIARIOS DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR.(Estes xa non teñen que solicitala)

  2. PERTENZA A FAMILIAS CUNHA RENTA PER CÁPITA IGUAL O INFERIOR A 6000€.

  3. DISCAPACIDADE IGUAL OU SUPERIOR AO 65%.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • 10 DÍAS HABILES A PARTIR DO DÍA SEGUINTE A PUBLICACICÓN NO DOG.(Dende o 16 de novembro ata o 27 de novembro, ambos incluídos)

 

PROCEDEMENTO:

1. Cubrir Anexo I e entregar no centro. (O anexo poden descargalo do adxunto ou recollelo no centro)
2. Entregar documentación complementaria, sempre e cando non fora xa entregada xunto á solicitude de material escolar do curso 2020/21:

  1. Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  2. Copia do libro de familia ou equivalente (todolos membros da unidade familiar).
  3. Certificado do grao de discapacidade.
  4. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
  5. Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  6. Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento.
  7. Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE. 
AdxuntoTamaño
Anexo I máscaras.pdf331.55 KB
Anexo II Comprobación datos membros computables.pdf338.97 KB
DOG Distribución máscaras.pdf608.65 KB