Fondo libros de texto curso 2020/2021

Pode consultar a Orde de 19 de maio de 2020 sobre as Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2020/2021.

Para ter dereito á axuda, é condición imprescindible devolver os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2019/2020.

PRAZOS:

  • Presentación de solicitudes: do 20 de maio ao 19 de xuño (ambos inclusive).
  • Lista provisional de admitidos/excluídos: 10 de xuño.
  • Prazo de reclamación: 11 e 12 de xullo.
  • Listaxe definitiva de admitidos/excluídos: 14 de setembro.

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:

  • De xeito telemático, teñan especial coidado en marcar a solicitude de fondo de libros e material, non esquezan anexar a documentación solicitada:
  • No noso instituto (luns a xoves de 10:00 a 13:00): cubrir solicitude

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

As persoas interesadas, deberán achegar coa solicitude (Anexo I) a seguinte documentación:

  1. Anexo II, comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.
  2. Sentenza xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia.
  3. Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflictise a situación a 31 de decembro de 2019, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún destes medios:
    1. Certificado ou volante de convivencia.
    2. Informe de servizos sociais ou órgano equivalente do concello onde resida a familia.