Polas Bravas

 O pasado 5 de Marzo, dentro da programación do centro do mes de Marzo muller, achegouse ao noso centro Eva González, ex alumna do I.E.S. Pazo da Mercé para comentar e proxectar a curta que ela realizou chamada " Polas Bravas". Trátase dunha curta onde se pon en valor o traballo de seis mulleres que emprenderon negocios co que darlle vida ao rural galego. Ao longo do video pódese ver como a figura da muller traballadora loita co seu esforzo para sacar adiante as súas iniciativas e darlle un sentido económico ao mundo rural galego ademais de destacar outras virtudes da vida no campo. Os traballos artesanais e a dobre labor de ter que atender á familia combinado co traballo fóra da casa están presentes en todo o documentario.

O alumnado asistente foron os terceiros e cuartos da ESO xunto cos dous grupos de FPBásica quen valoraron positívamente o acto e disfrutaron do visionado.

Adiante coas mulleres bravas, adiante co mundo rural!!!!!