Skip to Content

ACTOS 8M

No IES estamos a prepararnos para celebrar o Día da Muller Traballadora e este ano queremos centrarnos nas mulleres máis invisibles, aquelas que se encargaron do coidado de crianzas e da ancianidade, as que mantiveron o fogar, as mulleres do rural e todas aquelas que contribuíron a soster un Estado sen soldos, sen recoñecemento pero con moito traballo detrás. Por iso, enchemos o instituto de batas, como un símbolo, pois esa peza de roupa como se dunha  camisa de forzas se tratase,  íase trasmitindo de nais a fillas e coa bata todas as obrigas e miserias que esta agocha. A bata é o símbolo da invisibilidade, do traballo non recoñecido, da precariedade. É o símbolo da opresión.

 



page | by Dr. Radut