Skip to Content

O Salto

 O pasado venres 11 de outubro 2019 tivemos a a sorte de poder presentar o documental “ O SALTO ” de Adrián González, documentalista e ex alumno do centro, alén de contar coa súa presencia no visionado.


Realizamos o evento en usos múltiples desde ás 12 e 10 ás 13:10 e acudiron a velo o alumnado dos grupos de 3º pmar,4º a, 4º b, 1º bacharelato, 2º bacharelato e ciclo medio.

Foi unha experiencia moi interesante e o alumnado estivo toda a hora en silencio, feito que demostra o seu interés.

Agradecemos moito a Adrián o seu bo traballo así como que se achegase ao noso centro  e desexámoslle un futuro próspero e cheo de premios e alegrías cinematográficas.

Este evento foi organizado polo EDLG en colaboración coa Dirección e conserxes.

 



page | by Dr. Radut