SEMANA DAS LETRAS: CONCERTO, LECTURAS...

Nos días previos ao 17 de maio, “día das Letras Galegas”, celebramos con algúns actos a reivindicación da nosa lingua e cultura, este ano centrada na figura de Antonio Fraguas.

Destacamos que esta debe ser unha tarefa cotiá, de cara a normalizar o noso idioma, cuxo uso segue a diminuír e pasa por unha situación preocupante. Todo o que se poida contribuír co obxectivo de mellorar a situación debe ser aplaudido e, con esta perspectiva, os centros de ensino son unha referencia clara en tratar de promover iniciativas e prácticas positivas con ese fin.

Nestas coordenadas, podemos citar en concreto o concerto didáctico para toda a comunidade escolar a cargo do afamado grupo Tundal de música tradicional, que tivo lugar o luns 13 no Auditorio do Concello das Neves, organizado polo Departamento de Música e o EDLG, a habitual participación o martes 14 no Correlingua en Vigo ou a lectura de diversos textos en galego, de múltiples autoras e autores da nosa literatura e historia, en defensa da lingua galega, a cargo de estudantes dos diferentes cursos.

Noraboa a todas e todos os participantes!