Skip to Content

25 DE ABRIL SEMPRE!

Un ano máis celebramos no Instituto a data do 25 de Abril, conmemorativa do fin da ditadura en Portugal e a chegada dun proceso democrático. Unha vez máis foi momento de lembrar os caraveis vermellos, o lema de “O povo é quem mais ordena” e o “Grândola Vila Morena”, a canción de José Afonso que serviu de sinal “revolucionario” nesa data. Realizamos entre outras cousas coas axuda de profes e alumnado unha chamativa pancarta conmemorativa que se pendurou na entrada do Edificio Novo. Grazas e todos e “25 de abril Sempre!”.



page | by Dr. Radut