Exposición " Castelao Maxistral" Santiago de Compostela

O pasado venres, 16 de novembro, o alumnado de 4º da ESO, FP Básica e 2º de bacharelato, viaxamos ata a Cidade da Cultura de Compostela para acudir á exposición “ Castelao Maxistral”. Unha vez alí, fomos conducidos por un guía ao longo da exposición onde aprendimos o contexto socio político no que Castelao pinta o seu cadro “ A derradeira leición do mestre”. Ademáis de conhecer a represión política e social que se viviu despois da guerra civil na Galiza, aprendimos o especial ensañamento que se tivo contra dos mestres e as mestras da República por parte do bando franquista vencedor da guerra.

Outro aspecto importante que nos deron a coñecer foron os esforzos feitos pola República para lograr a alfabetización en galego da sociedade, tanto de mozos como mozas, ás que nunca tiveran acceso ao ensino. 

Finalmente tivemos a sorte de ver e escoitar as características da obra estrela da exposición “ A derradeira leición do Mestre”. Obra na que un Castelao, con grandes problemas de vista, quixo render unha homenaxe ao mestre entendido como referente da defensa da terra e da democracia, Alexandre Bóveda, asasinado pola barbarie do fascismo.

 

Esta actividade foi organizado polo departamento do EDLG e de Galego-Portugués, de maneira coordenada.