RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Como sabedes estamos en proceso de renovación do Consello Escolar. Xa se elixiu unha Xunta Electoral que aprobou un calendario. Xa estamos en prazo ata o día 16 de novembro para a presentación de candidaturas dos sectores (profesorado, alumnado, pais/nais/titores-as legais) e reclamación de censos.
Teremos que elixir por sorteo as mesas electorais, o vindeiro 19. Como data sinalada, cómpre destacar o día 29 de novembro, día das votacións. Por cuestións organizativas e atendendo á normativa, o alumnado vai poder votar de 9 a 11.30 horas. O profesorado de 11.30 a 12 h., en claustro ad hoc. Os pais/nais/titores-as legais de 12 a 14 h.
O martes 4 de decembro teremos a proclamación e publicación de candidatos/as electos/as, e o xoves 6 se constituirá o novo Consello Escolar.
No taboleiro público do instituto tedes toda a información.
Animádevos a participar!