O noso centro foi seleccionado na convocatoria do ano 2015 dentro do programa Erasmus+ para a realización dun proxecto de mobilidade que permitirá a realización de prácticas no estranxeiro por parte do alumnado do Ciclo de Fomación Profesional de Sistemas Microinformáticos e Redes. Os principais obxectivos do proxecto son: - Mellorar as competencias do alumnado deste ciclo, ofrecéndolle a posibilidade de realizar as prácticas en empresa no estranxeiro.
- Mellorar a competencia lingüística do alumnado do ciclo.
- Aumentar as posibilidades de emprego para este alumnado.
|