Skip to Content

ORIENTACION

ORIENTACIÓN

Durante este período de docencia non presencial derivada da situación sanitaria que estamos a vivir, desde o departamento seguimos a traballar para que o proceso de orientación, adaptándonos á nova situación educativa, se vexa afectado da menor forma posible.
 
O noso blogue convértese na canle principal de información para alumnado, familias e profesorado. Recomendamos á comunidade educativa que o visite con frecuencia xa que se irá actualizando coas novas que se están producindo no ámbito educativo.
 
Proximamente, iremos colgando información relativa á orientación académica e profesional esencial na altura do curso na que estamos (elección de itinerarios e optativas en función de intereses profesionais e materias para cada curso, prazos de admisión e matrícula, solicitude de bolsas e axudas,...).
 
As accións de orientación individualizada, e querendo dar resposta ás preguntas que poidan xurdir durante este tempo,  faranse a través de correo electrónico. O enderezo para o contacto coas orientadoras, Isabel e María, é o seguinte: 

  • orientacionotero.ourense@gmail.com.

 
Desde aquí queremos mandar unha mensaxe de ánimo a todo o noso alumnado así como tamén ás súas familias e ao profesorado, traballando todos baixo unas condicións emocionais ás que non estamos acostumados.  
 
Podedes consultar tamén as seguintes orientacións do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia, por ser vos serven de axuda:

 
Xunt@s imos poder con isto!

Distribuir contido


by Dr. Radut