Skip to Content

Complementarias

PREMIO ANUAL OTERO PEDRAYO PARA ESTUDANTES

O pasado venres 11 de abril, na casa-museo de Trasalba, nun acto ben bonito, cargado de mooooita, moita emoción, as nosas alumnas Lucía González(categoría individual) e Celia Rodríguez, Nerea Rodríguez e Lidia Rodríguez (categoría colectiva) recollían na Fundación Otero Pedrayo os seus premios polos traballos de investigación levados a cabo arredor da figura de don Ramón.

 

Parabéns ás nosas mozas, non podemos estar máis orgullosas delas e grazas á Fundación por, unha vez máis, facernos sentir como na nosa casa.
 
 
 
 
 
IES OTERO PEDRAIO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

VISITA DO CENTRO INTERXERACIONAL

A "mocidade" do Centro Interxeracional a Farixa, que xa son familia do IES Otero Pedrayo, visitou hoxe pola mañá o noso centro. O alumnado máis pequecho tíñalles preparadas unhas pezas musicais no Paraninfo, logo visitaron o noso museo e, por último, acabaron na biblioteca, onde presentamos o libro que estamos a ler este trimestre no club de lectura, no que eles tamén van participar.
Que marabillosos son estes encontros interxeracionais. Canto temos que aprender dos nosos maiores!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

XACOBEO PEREGRINAS

Onte, 15 de Decembro, arrancaba no Paraninfo do IES Otero Pedrayo a segunda edición do Xacobeo Peregrinas.

A directora de Turismo, Nava Castro, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participaron neste primeiro encontro , unha conversa presentada por Marta Gómez e portagonizada por dúas mulleres referentes na súa traxectoria profesional: LYDIA DEL OLMO, Estrella Michelín, copropietaria do restarurante "Ceibe" de Ourense, e CRISTINA PATO, gaiteira, compositora e pianista galega residente en New York.
 
Toda unha honra para o Otero Pedrayo albergar este tipo de actos
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO ENSINO DE CALIDADE

INCLÚE

 

Hoxe botou a andar no Otero Pedrayo unha actividade ben bonita, desas que teñen moito moito corazón: o irmanamento Cruz Vermella- Otero Pedrayo durante este curso 22- 23, que se enmarcará dentro do Contrato-programa de éxito educativo "Inclúe".
Serán moitas as actividades que a mocidade de máis de 65 anos e a mocidade de 15 leven adiante, entrefebrando xeracións, experiencias, valores, xeitos diferentes de ver a vida...; favorecendo a solidariedade, a cohesión social, o entendemento mútuo, a harmonía...; impulsando valores e actitudes humanistas.
Hoxe coñecémonos, visitaron o noso instituto, o noso museo pedagóxico, bailamos... Que experiencia tan enriquecedora!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

TERTULIAS LITERARIAS

Un ano máis, o Otero Pedrayo participou nas tertulias literarias, desta volta en galego, organizadas pola Concellaría de Educación do Concello de Ourense.
O libro escollido foi Veleno de tinta impresa, de Xosé A. Neira Cruz, e o encontro intercentros tivo lugar no Liceo, seguinto a tradición destas tertulias.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

O NOME DA ROSA, Umberto Eco

 

Onte tivemos o luxo de ter no Paraninfo do IES Otero Pedrayo a magnífica presentación da primeira tradución ao galego do clásico de Umberto Eco, O nome da Rosa. A tradutora, Maite Jiménez, arroupada polo seu editor e cun acompañamento musical exquisito, fíxonos unha excelente exposición, falándonos das súas motivacións á hora de traducir esta obra e dándonos moitas claves dela. Foi todo un pracer escoitala. Grazas.

ROTEIRO NOS

 

O IES Otero Pedrayo foi hoxe o punto de partida do Roteiro Nós, organizado polo CAFI. 
Afonso Vázquez Monxardín abriu a actividade cunha interesante conferencia sobre Nós no Paraninfo do noso centro. É unha honra acoller sempre actos desta calidade.

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

Distribuir contido


by Dr. Radut