Skip to Content

ADMISIÓN CURSO 2020/21

ADMISIÓN CURSO 2020 / 21

 

Quen debe realizar o proceso de admisión?

Alumnado de centros adscritos que non fixera reserva e alumnado de centros non adscritos ao IES Otero Pedrayo que teña previsto continuar os estudos neste centro o vindeiro curso 2020/21.

 

Prazos

Do 1 ao 20 de marzo de 2019, ambos incluídos.

 

Previsión de postos escolares vacantes para o curso 20/21 NOVO

Para consultar as postos escolares vacantes para o vindeiro curso facer clic aquí ou consultar en arquivos adxuntos.

 

Documentación

Documentación que se debe presentar na secretría do IES Otero Pedrayo para formalizar a solicitude de admisión:

 

1-  Solicitude - Anexo II.  

2-  Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros computables da unidade familiar (só cando estes deneguen a súa consulta) 

3-  Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente.

4- Impreso de prematrícula do curso para o que solicita a admisión (solicitala no centro).

 

CALENDARIO / PRAZOS

 

Presentación da documentación defintiva

Prazos

Do 23 de marzo  ao 03 de abril de 2010, ambos incluídos

O 21 de marzo, nesta mesma páxina, indicaranse aqueles cursos nos que se superou a demanda.

As persoas que reciban o aviso de tal circunstancia, poderán achegar, voluntariamente, a documentación acreditativa dos criterios de baremo que indicaron na solicitude de admisión (nos casos de renda, domicilio fiscal, familia numerosa ou discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia, só cando deneguen a súa consulta)

Publicación provisional de admitidos e non admitidos

  • 24 de abril

Prazo de reclamacións

  • Do 27 de abril o 04 de maio

Publicación lista definitiva de admitidos e non admitidos 

  • 14 de maio

Matrícula ESO e Bacharelato

  • Do 25 de xuño o 10 de xullo

Prazo extraordinario de matrícula

  • Do 1 ao 10 de Setembro
AnexoTamaño
Previsión postos escolares vacantes curso académico 2020-21.pdf598.93 KB


story | by Dr. Radut