Skip to Content

RESERVA DE PRAZA CURSO 2020/21

 

RESERVA DE PRAZA CURSO 2020 / 21

 

Quen pode reservar praza?

 

a) Alumnado dos centros adscritos: CEIP Irmáns Villar  ,  CEIP A Inmaculada,  CEIP Amadeo Rodríguez Barroso ,  que teña previsto matricularse no IES Otero Pedrayo no vindeiro curso 2020/21 en 1º de ESO.

b) Alumnado dos centros adscritos: CPR San José- Josefinas, CPR Santa Teresa de Jesús-Carmelitas  que teña previsto matricularse no IES Otero Pedrayo no vindeiro curso 2020/21 en 1º Bch.

 

O alumnado que non e estea comprendido nos apartados anteriores e pretenda cursar estudos neste centro deberá acollerse ao disposto no proceso de ADMISIÓN.

 

Prazos

Do 1 ao 15 de febreiro de 2020, ambos incluídos.

 

Documentación

Documentación que debe entregarse no centro onde cursa estudos actualmente ou a través da aplicación “ admisión alumnado 

 

- Anexo I 

- Formulario de reserva de plaza (ED550A)   

- Só no caso de non autorizar  a consulta de datos, achegarase fotocopia do DNI (de non posuír DNI deberase aportar copia da páxina do libro de familia onde figura o/a alumno/a).

 

A TER EN CONTA:

No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares comunicaráselles aos intersados e publicarase no taboleiro de anuncios do centro e nesta páxina web, debendo presentar a solicitude de Admisión e a documentación xustificativa para a aplicación do baremo.

No caso de que non teñan ningunha comunicación ao longo do mes de febreiro entenderase que ten reservada a praza para o vindeiro curso.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Normativa reguladora: Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15/03/2013), modificada pola Orde do 25.1.2017 (DOG do 1.2.2017)



story | by Dr. Radut