ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Participación en "FIRST LEGO LEAGUE"
O equipo ROBTIGUEIRA do IES de Ortigueira, dirixido polo profesorado do Club de ciencias do centro, participou un ano máis na First Lego League, obtendo uns magníficos resultados: o Premio Gabadi á Excelencia en Enxeñaría e a 2ª mellor puntuación, de entre 25 centros participantes, na competición de robots.
MOITOS PARABÉNS!!!
Visita ao Obradoiro de estimulación cognitiva
O alumnado do ciclo de "Atención a persoas en situación de dependencia" realizou un obradoiro de estimulación cognitiva que estivo exposto na biblioteca do centro. Neste obradoiro creáronse diferentes utensilios e xoguetes, recursos de estimulación para o adestramento das funcions cognitivas "exercicio cerebral", e para a mellora e/ou recuperación de habilidades de motricidade fina necesarias para a vida diaria.
O pasado martes 27 de febreiro persoas usuarias da Asociación Aspromor visitaron o obradoiro, onde recibiron o correspondente Diploma acreditativo de participación na actividade.
V Encontro de Coros escolares
Tivo lugar, no Auditorio do Conservatorio profesional da Coruña, o V Encontro de Coros escolares de secundaria, organizado polo IES Afonso X O Sabio o 29 de febreiro de 2024.
Preme nos títulos para ver algunhas das obras interpretadas
Quero igualdade(J.A.G. Mato)
Sementeira (Fuxan os ventos)
Amani(Audrey Snyder)
Nova normativa sobre teléfonos móbiles
PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á ORDE
(Recoméndase ler especialmente o disposto nas páxinas 10 e 11)
IES de Ortigueira
LIGAZÓN Á GALERIA DE IMAXES DO CENTRO
TELÉFONO CONTRA O ACOSO ESCOLAR 900 018 018
900 018 018 para casos de malos tratos e acoso no ámbito dos centros docentes do sistema educativo. Máis información nesta LIGAZÓN