ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Novo recoñecemento ao alumnado de Economía e Tecnoloxía do IES de Ortigueira
O programa, organizado pola Xunta, a Fundación Alcoa e o periódico La Opinión, busca fomentar o emprendemento entre os estudantes da provincia da Coruña.
Alumnos do instituto de 4º ESO e 1º Bacharelato participaron nesta cuarta edición do concurso que se desenvolveu ao longo deste curso 2016/17.
O traballo foi coordinado polas profesoras Mariangeles Colmenero e Patricia Hermida, dende os Departamentos de Economía e Tecnoloxía; ademais contaron ca colaboración do Departamento de Madeira e Moble.
Os alumnos crearon unha miniempresa chamada Ecooikos que se adica a realizar Auditorías Enerxéticas e a desenvolver solucións sostibles e respetuosas co medioambente.
A entrega de premios tivo lugar o vernes 16 de xuño no CIFP Ánxel Casal Montealto da Coruña, e o centro ortegano acadou o terceiro premio que consistiu nunha dotación económica de 875 euros.
O primeiro e segundo premios foron para centros de Ferrol e Sada respectivamente, que presentaron unha caravana que funciona 100 % con enerxía renovable, o primeiro; e unha colección de roupa e calzado termoregulables a través do móvil, o segundo.