Skip to Content

EXCURSIÓN DE RELIXIÓN ÁS FRAGAS DO EUME E O MOSTEIRO DE SAN XOÁN DE CAAVEIRO

 

O venres 25 de outubro, o alumnado de Relixión de 2º de ESO visitamos o Parque Natural das Fragas do Eume para coñecer a súa fauna e flora. Nunha xornada na que predominou o bo tempo e a convivencia, empezamos co visionado dun vídeo sobre o Parque no Centro de Interpretación. Logo disfrutamos dunha camiñata de 5 km ata chegar ó mosteiro de San Xoán de Caaveiro. Alí aproveitamos para descansar e xantar. Visitamos e coñecemos a historia do mosteiro e tamén o antigo muíño, onde sacamos moitas fotos. Despois de tantos pasos, a tecnoloxía marcaba a camiñata, rematamos o día na Praia de Cabanas en Pontedeume onde algúns mollaron os pés,  outros xogaron na area e outros tomaron a merenda. Chegamos moi cansos pero ben mereceu o esforzo!

 

 



page | by Dr. Radut