Skip to Content

Admisión 2017

Listaxes definitivo Admisión curso 2017-2018

Publícase arquivos ca relación definitiva de alumnado admitido e excluido para o curso 2017-2018.

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Listaxe provisional de alumnado - Admisión 2017/18

Adxúntaxe ficheiros con a relación provisional de alumnado admitido e excluido.

Contra esta resolución poderse  formular reclamación  no prazo de 5 días hábiles  contados  a partir do seguinte  ao da súa publicación, ante o consello escolar do centro (art. 30.3 da Orde de 12 de marzo de 2013  sobre o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos).

Aberto prazo para presentar documentación

Finalizado o prazo de entregra de solicitudes, ábrese novo prazo para a entrega de documentación xustificativa dos méritos alegados, por haber mais solicitudes que prazas, nas solicitudes de acceso para os seguintes cursos:

  • 2º ESO,
  • 4º ESO, e
  • 1º BAC.

O prazo para a entrega de documentación vai dende o 23 de marzo ata o 5 de abril, ambos incluidos.

Proceso de admisión curso 2017-2018

Normativa reguladora do proceso de admisión:

DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro

ORDE do 12 de marzo de 2013 

ORDE do 25 de xaneiro de 2017

Número de postos escolares ofertados:

  • 1º ESO: 32
    (9 deles están reservados ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo; caso de non cubrirse, acumularanse aos outros 23).
  • 2º ESO: 1
  • 3º ESO: 15
  • 4º ESO: 15
  • 1º Bac: 90
  • 2º Bac: 10

Centros adscritos (só ESO)

  • CEIP Anexa - Lugo
  • CEIP Manuel Mallo Mallo - Nadela, Lugo
  • CEIP Virxe da Luz - Portomarín

Calendario

Presentación de solicitudes de admisión:

  • Do 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive
    HORARIO DE PECHE DE OFICINAS PARA A ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN 14:00 HH.
    NON SE ADMITIRÁN SOLICITUDES PASADO DITO HORARIO.
  • Entregar a seguinte documentación:
    - Solicitude, según modelo normalizado.
    - Copia DNI do alumno
    (ver casuística en ficheiro adxunto)
  • Se presentará unha única solicitude no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. En caso de non respetar esta indicación, perderanse os dereitos de prioridade que poideran corresponder.
  • O alumnado que ten garantida a súa permanencia no centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo ao mesmo tempo no centro de orixe.
  • O alumnado que ten reservada praza no centro, se presenta solicitude de admisión nun centro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Entrega de documentación xustificativa dos méritos alegados:

23 de marzo ao 5 de abril (ambos inclusive)

Esta documentación so deberá entregarse en caso de que o número de solicitudes supere ao número de postos ofertados, o que se publicará unha vez terminado o prazo de presentación de solicitudes.

Ver baremo en ficheiro adxunto.

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido:

Antes do 25 de abril

Prazo de reclamacións ás listaxes provisionais

5 días hábiles contados a partir do seguinte a súa publicación (posiblemente do 25 de abril ao 2 de maio, ambos inclusives).

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido

Antes do 15 de maio

Formalización da matrícula

  • Do 25 de xuño ao 10 de xullo, para os alumnos que promocionaron en xuño.
  • Do 1 ao 11 de setembro, para os alumnos que promociones en setembro.

Outra información:

Criterio complementario do centro:

0 puntos

Letra en caso de desempate, segundo resolución do 23 de febreiro de 2017:

"I" e "I" para o primeiro apelido e "Ñ" e "X" para o segundo

Área de influencia do centro

Ver mapas en ficheiros adxuntos para ESO e Bacharelato.

Servizos complementarios que ofrece o centro

  • Transporte (para os alumnos de Nadela e Portomarín)
  • Comedor: normativa comedores escolares

 

 

VER FICHEIROS ADXUNTOS PARA MAIS INFORMACIÓN

 

Distribuir contido


by Dr. Radut