Skip to Content

2019-2022 REM - The Reality of European Migration

Proxecto Erasmus+ KA229: The reality of European migration: re-establishing a European identity through cultural integration and an active life

The reality of European migration: re-establishing a European identity through cultural integration and an active life - A realidade da migración europea: reestablecendo a identidade europea a través da integración cultural e a vida activa.

Os movementos migratorios son un tema actual e urxente, no que temos que formar ás novas xeracións a fin de suavizar e pulir perspectivas erróneas.

En xeral, somos diferentes pero somos iguais. Todos vivimos na Unión Europea e estamos inmersos nun proxecto común de crear vínculos e difuminar fronteiras.

Este novo proxecto europeo, en conxunto cos centros Liceo Rosa-Gianturco, de Potenza, Italia, e Bundesgymnasium und Realgymnasium Perchtoldsdorf, de Perchtoldsdorf, de Austria, céntrase nas razóns polas que as persoas abandonan o seu país de orixe, polas que elixen un outro país, que fan para integrarse e adaptarse a un lugar alleo e afastado e como cambiou e presumiblemente mellorou a súa vida desde entón. 

Distribuir contido


by Dr. Radut