Skip to Content

Proceso admisión curso 2018-2019

Normativa reguladora do proceso de admisión:

DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro

ORDE do 12 de marzo de 2013 

ORDE do 25 de xaneiro de 2017

Número de postos escolares ofertados:

  • 1º ESO: 29
    (9 deles están reservados ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo; caso de non cubrirse, acumularanse aos outros 20).
  • 2º ESO: 0
  • 3º ESO: 6
  • 4º ESO: 15
  • 1º Bac: 90
  • 2º Bac: 6

Centros adscritos (só ESO)

  • CEIP Anexa - Lugo
  • CEIP Manuel Mallo Mallo - Nadela, Lugo
  • CEIP Virxe da Luz - Portomarín

Calendario

Presentación de solicitudes de admisión :

  • Do 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive
    • HORARIO DE PECHE DE OFICINAS PARA A ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN 14:00 HH.
      NON SE ADMITIRÁN SOLICITUDES PASADO DITO HORARIO.
    • PÓDESE PRESENTAR A SOLICITUDE A TRAVÉS DA APLICACIÓN EN https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
  • Entregar a seguinte documentación:
    - Solicitude, según modelo normalizado. Pódese cumplimentar na aplicación e presentala directamente, imprimila unha vez cuberta ou descargala para cubrila a man. Nestes dous últimos casos haberá que presentala no centro educativo.
    - Copia DNI do alumno
  • Se presentará unha única solicitude no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. En caso de non respetar esta indicación, perderanse os dereitos de prioridade que poideran corresponder.
  • O alumnado que ten garantida a súa permanencia no centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo ao mesmo tempo no centro de orixe.
  • O alumnado que ten reservada praza no centro, se presenta solicitude de admisión nun centro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Entrega de documentación xustificativa dos méritos alegados:

23 de marzo ao 9 de abril (ambos inclusive)

Esta documentación so deberá entregarse en caso de que o número de solicitudes supere ao número de postos ofertados, o que se publicará unha vez terminado o prazo de presentación de solicitudes.

Ver baremo en ficheiro adxunto.

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido:

Antes do 25 de abril

Prazo de reclamacións ás listaxes provisionais

5 días hábiles contados a partir do seguinte a súa publicación (posiblemente do 25 de abril ao 2 de maio, ambos inclusives).

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido

Antes do 15 de maio

Formalización da matrícula

  • Do 25 de xuño ao 10 de xullo, para os alumnos que promocionaron en xuño.
  • Do 1 ao 11 de setembro, para os alumnos que promociones en setembro.

Outra información:

Criterio complementario do centro:

0 puntos

Letra en caso de desempate, segundo resolución do 27 de febreiro de 2018:

"Z" e "T" para o primeiro apelido e "C" e "J" para o segundo

Área de influencia do centro

Ver mapas en ficheiros adxuntos para ESO e Bacharelato.

Servizos complementarios que ofrece o centro

  • Transporte (para os alumnos de Nadela e Portomarín)
  • Comedor: normativa comedores escolares

 

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut