Skip to Content

Carta Erasmus de Educación Superior 2014-2020

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes ven de recibir a Carta Erasmus de Educación Superior.

Versión Castelán Versión Inglés

 

A Comisión Europea concede esta Carta ao IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

Compromisos asumidos pola institución:

+ Respectar plenamente os principios de non discriminación establecidos no Programa e garantir a igualdade de acceso e de oportunidades aos participantes na mobilidade de todas as procedencias.

+ Garantir o pleno recoñecemento das actividades satisfactoriamente completadas de mobilidade para estudos e, no seu caso, para prácticas mediante a concesión de créditos (ECTS ou un sistema compatible). Garantir a inclusión no expediente académico do estudante (Suplemento ao Título ou equivalente) das actividades de mobilidade para estudos ou prácticas satisfactoriamente completadas.

+ Non cobrar taxas académicas, administrativas, de exames ou de acceso aos servizos de laboratorio e biblioteca, aos estudantes entrantes en caso de mobilidade para a obtención de créditos académicos. Ademais, a institución comprométese ao seguinte:

Ao participar en actividades de movilidad

Antes da mobilidade

+ Publicar e actualizar periodicamente o catálogo de cursos no seu sitio web, con suficiente antelación respecto dos períodos de mobilidade, de maneira que resulte transparente para todas as partes e permita aos estudantes participantes na mobilidade elixir, correctamente informados, os cursos que vaian realizar.

+ Levar a cabo actividades de mobilidade unicamente no marco de acordos previos entre as institucións nos que se establezan os labores e as responsabilidades das distintas partes, así como o seu compromiso de adoptar criterios de calidade comúns para a selección, preparación, recepción e integración dos participantes na mobilidade.

+ Asegurarse de que os participantes saíntes estean ben preparados para a mobilidade, incluíndo a competencia lingüística no nivel que sexa necesario.

+ Garantir que a mobilidade dos estudantes e do persoal con fins de educación ou formación se base en acordos de aprendizaxe ou de mobilidade, respectivamente, validados previamente polas institucións ou empresas de orixe e de acollida e os participantes na mobilidade.

+ Proporcionar asistencia para a obtención de visados, cando sexa necesario, aos participantes entrantes e saíntes.

+ Proporcionar asistencia para a contratación de seguros, cando sexa necesario, aos participantes entrantes e saíntes.

+ Proporcionar orientación aos participantes entrantes para atopar aloxamento.

Durante a mobilidade

+ Garantir a igualdade de trato académico e servizos entre os estudantes e o persoal locais e os participantes entrantes.

+ Integrar aos participantes entrantes na vida cotiá da institución.

+ Dispoñer de sistemas adecuados de titoría e apoio para os participantes na mobilidade.

+ Proporcionar axuda lingüística adecuada aos participantes entrantes.

Despois da mobilidade

+ Aceptar que todas as actividades indicadas no acordo de aprendizaxe conten para obter a titulación, sempre que fosen completadas satisfactoriamente polos estudantes que participen na mobilidade.

+ Proporcionar aos participantes entrantes e ás súas institucións de orixe certificacións que conteñan unha relación completa, exacta e puntual dos seus resultados ao final do seu período de mobilidade.

+ Apoiar a reintegración dos participantes na mobilidade e darlles a oportunidade, ao seu regreso, de contribuír coa súa experiencia en beneficio da institución e dos seus compañeiros.

+ Garantir que sexan recoñecidas ao persoal as actividades de ensino e formación que, sobre a base dun acordo de mobilidade, levasen a cabo durante o seu período de mobilidade.

Ao participar en proxectos de cooperación europeos e internacionais

+ Garantir que a cooperación conduza a resultados sustentables e equilibrados para todos os socios.

+ Proporcionar a axuda oportuna ao persoal e os estudantes que participen nestas actividades.

+ Aproveitar os resultados dos proxectos maximizando o seu impacto nas persoas e as institucións participantes e estimulando a aprendizaxe entre pares na comunidade académica en sentido amplo.

Con fins de visibilidade

+ Publicar a presente Carta e a Declaración de Política Erasmus de maneira destacada no seu sitio web.

+ Promover de forma constante as actividades apoiadas polo Programa, ademais dos seus resultados.

Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut