Skip to Content

2º trimestre

Charla Eduemprende

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asistiu á  charla sobre emprendemento dada por Verónica Rguez, emprendedora e cofundadora da consultora Promove.

Veónica disertou sobre o espíritu emprendedor, un dos motores da innovación, a competitividade e do crecemento da economía.

Esta charla está enmarcada no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende, impulsado pola Xunta de Galicia.

Visita ao Centrad. Centro de Artesanía e Deseño.

Alumnado de 2º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos grandes visitou o Centro de Artesanía e Deseño.

O Centrad promociona a cultura dos oficios e dos obradoiros artesáns.

Acolle nas súas salas exposicións do Libro, de Traxe, Cestería e Olería Tradicional e unha importante Colección de Instrumentos Musicais.


Asi mesmo aproveitaron a visita para ver a Exposición Alfonso X e Galicia na Capela de Santa María

Celebración de San Valentín

Dende a Biblioteca do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes celebráronse varias actividades polo San Valentín.

  

1. Recomendacións para a lectura no corredor da planta baixa. 

2. Exposición de cuestións tradicionais sobre o concepto do amor.

3. Entrega de rosas de papel e poemas de Manuel María e Darío Xohán Cabana con temática amorosa durante o lecer do luns 14 de febreiro no centro.

4. Entrega de rosas de papel por parte das mensaxeiras do amor. O venres 11 de febreiro durante o lecer as colaboradoras recolleron os encargos (remitente- destinatario) e o luns 14 de febreiro durante a quinta e sexta sesións entregaron estes encargos polas aulas. 

5. Mesa da cita a cegas cun libro. O 14 de febreiro poderedes atrevervos a quedar a cegas cun libro...

6. Concurso da mellor mensaxe de amor. Ata o día 18 de febreiro deixar as mensaxes de amor, cariño, admiración,  agradecemento,  tenrura, estima, etc, a quen vós queirades na urna do amor. Entre o 21 e 25 de febreiro expoñeremos no corredor estes textos e montaremos unha "mesa electoral " para que poidades votar. O gañador obterá un premio moi amoroso. Todo o colectivo pode participar (con nome ou alcume).

 

 

 

 

Lectura de Proxectos STEMbach

Alumnado do STEMBach do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes fixo a lectura dos seus proxectos no Salón de Actos do Centro.

  

Visita á exposición: "Galiza. Un pobo, unha selección"

Alumnado de 2º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou a exposición: "Galiza. Un pobo, unha selección"

A mostra fai un repaso á traxectoria histórica do deporte galego e da visibilidade a prácticas deportivas autóctonas como é o caso da billarda.

Charla 11F

O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Trátase dunha iniciativa que da un pulo ó esforzo por romper a brecha de xénero e lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas na ciencia.

 

Dentro deste marco o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes concertou a charla  Investigación con sesgo de xénero: impacto dunha intelixencia artificial "desenfocada”  impartida por Rebeca P. Díaz Redondo da  Universiade de Vigo

 

Nesta charla, a que asistiu o alumnado de 4º ESO, Rebeca sinalou que a IA emula o funcionamiento da intelixencia humana, cómo se diseña o algoritmo, de qué bases de datos se nutren vai a ser clave para contribuir a eliminar a brecha de xénero.

Na súa intervención, puxo varios exemplos de como algúns sistemas non recoñecen as voces agudas porque foron  “entrenados”  por voces masculinas.

Actividade STEMbach

Alumnado de 1º do STEM BACH asistiu á conferencia “Introdución aos Cubesats” impartida polo profesor  Fermín Navarro da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo, Campus de Ourense.

Os  CubeSats son  nanosatélites de dimensións estandarizadas, compostos por unha ou máis unidades que teñen un tamaño de 10x10x10cm e unha masa de ata 1.33 kg.

 

Estes satélites reducen drasticamente o tamaño habitual dos convencionais e, polo tanto o seu custo, o que permite o acceso ó  espazo a empresas comerciais, universidades, etc

Charla: As toxinas mariñas como fonte de medicamentos e indicadores do cambio climático

Alumnado de 1º de Bacharelato asistiu a charla do profesor da Facultade de Veterinaria Luis M. Botana López que nos describiu os distintos tipos de toxinas mariñas, a súa distribución e aplicación médica, e a súa relación co cambio climático.

 

 

Matemáticas re-creo-activas

Reanima a  túa imaxinación, recrea figuras, xoga coas matemáticas...

Anímate a participar!! 

Pregunta ao teu profesor de matemáticas.

Visita á exposición De oficio Defensoras

Alumnado de 2º e 3º ESO visitou na Praza Maior  a exposición De oficio Defensoras

A exposición está protagonizada por quince mulleres defensoras dos dereitos humanos de distintos paises que traballan coas ONGD galegas.

     

Distribuir contido


by Dr. Radut