Skip to Content

2º trimestre

Campeonato Provincial Escolar de Carreras de Orientación

15/03/2017
Europe/Madrid

Asistencia e participación no Campeonato Provincial de Carreiras de Orientación a celebrar no Parque de Rosalía de Castro, en Lugo.

Festival Teatro Grecolatino 2017 - Electra

13/03/2017
Europe/Madrid

Asistencia á obra Electra, de Sófocles, dentro do Festival de Teatro Grecolatino organizado polo Concello de Lugo.

Fálame da Emigración - 2º encontro

08/03/2017
Europe/Madrid

Segundo encontro do proxecto "Fálame da emigración" en colaboración con Afundación Abanca.Na primeira parte escoitaran experiencias de persoas da terceira idade que foron emigrantes en distintos países.

Agora, despois de facer unha investigación na súa familia, oito alumnos expuxeron, para esas mesmas persoas e para os seus compañeiros, as historias que viviron os seus parentes. Como remate da actividade fixeron unha análise conxunta das causas, consecuencias e circunstancias da emigración galega ao longo dos dous últimos séculos.

Ver mais fotos na Galería do centro.

Día de Rosalía 2017

23/02/2017
Europe/Madrid

Celebración do Día de Rosalía celebrada organizada dende a Biblioteca do centro en colaboración co departamento de Lingua Castelá e coa participación de alumnado de bacharelato.

Ver mais imaxes na Galería do centro.

Festival Entroido 2017

24/02/2017
Europe/Madrid

Concurso de disfraces, actuacións e festival dirixido a todo o centro.

Pódense ver mais imaxes na Galería do centro.

Obradoiro sobre reciclaxe

23/02/2017 11:22
Europe/Madrid

Obradoiro promovido pola Consellería de Educación e organizado pola empresa Ancaria, S.L.. Dirixido a ESO.

Leo e viaxo polo museo

22/02/2017 11:21
Europe/Madrid

Rutas polo Museo Provincial de Lugo organizadas polo EDLG dentro do programa Rutas Literarias do Museo Provincial de Lugo. Previamente o alumnado debe de ter lido un libro facilitado polo museo relativo ás rutas. Preténdese achegar ao alumnado a nosa bagaxe cultural e os nosos escritores.
O profesorado que teña clase co grupo durante a realización da actividade deberá acompañar aos seus alumnos durante a mesma.

Viaxe a Turnhout (Bélxica) - Erasmus + future4.0@school.eu

19/02/2017
25/02/2017
Europe/Madrid

Primeiro viaxe con alumnos dentro do proxecto Erasmus+ future4.0@school.eu, coordinado polo departamento de Inglés.

Ver mais imaxes na Galería do centro.

Concurso de redacción "Que é para ti o amor?"

14/02/2017
Europe/Madrid

Entrega dos premios ao concurso de redacción organizado dende a Biblioteca do centro, "Que é para ti o amor?".

Ver mais imaxes na Galería do centro.

Visita á Domus do Mitreo

10/02/2017
Europe/Madrid

Alumnos de 2º de bacharelato visitan a Domus do Mitreo.

Distribuir contido


by Dr. Radut