Skip to Content

1º trimestre

Empeza o espectáculo. Georges Méliès e o cinema de 1900

Alumnado de 2º ESO e de 1º de Bacharelato de Artes do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou a exposición que A Fundación ”La Caixa” e o Concello de Lugo teñen na Horta do Seminario, Empeza o espectáculo. Georges Méliès e o cinema de 1900

A exposición traslada aos visitantes ao ambiente de principios do século XX para explicar como se produciu o nacemento do cinema como fenómeno popular.

 

Obradoiro OPS!

Hoxe tivo lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes o obradoiro OPS! (O portugués simples).

Este obradoiro, deseñado e xestionado pola Asociación Galega da Lingua, pretende achegar ao alumnado a esta fermosa lingua, tan próxima á nosa, amosarlles o coñecemento real que xa teñen dela sen se apenas decatar, e conciencialos da vantaxe que iso lles supón nos planos persoal, cultural, económico, laboral...

 

Club de Ciencia

Hoxe no club de ciencia, e seguindo coa ciencia na cociña, observamos a levadura do pan a microscopio. A semana pasada fixemos o cultivo con zucre e hoxe podemos observalas.

A imaxe está feita con aumento de 10x40, osea 400 aumentos

Os martes no lecer: Música tradicional.

A Agrupación de música tradicional do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes sigue ensaiando os martes no período de lecer. Anímate a participar.

Club de Ciencia

O Club de Ciencia do IES NS dos Ollos Grandes continúa facendo papel reciclado pero xa en grupos máis pequenos.

Colocamos tódolos materiais que precisábamos e comezamos a utilizar os bastidores. Xa fixemos as nosas primeiras follas! Agora temos que esperar a que sequen e ver o resultado. 

  

O próximo xoves continuamos!

Exposición: Recursos mineiros e enerxéticos

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes acolle a exposición: Recursos mineiros e enerxéticos. Unha exposición itinerante da Escola de Enxeñaría de Minas e de Enerxía da Universidade de Vigo.

 

Esta exposición describe os recursos enerxéticos e minerais dos que dispón Galicia e fai unha breve descrición técnica do seu uso actual e da restauración dos Espazos Naturais afectados tras o seu aproveitamento.

Invitamos a todo o alumnado do IES Nosa Señora dos OLLO Grandes a visitala no Rincón da Ciencia

Samaín

O martes día 31 de outubro o alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes veu disfrazado ao centro e participou en distintas actividades.

  

Puxéronse tamén en marcha os Concursos de Relatos Curtos e de Ilustracións Terroríficas dos que pronto saberemos os gañadores.

   

Visita ao CENTRAD

No día de onte o alumnado de 2º ESO A visitou no CENTRAD a exposición "Fragmentos de onte".

 

Nela, e a partires de fotografías de Ruth Matilda Anderson, recréanse esceas que amosan a vida cotiá da Galicia dos anos vinte do século pasado. 

Ao longo desta e da próxima semana o resto de grupos de segundo da ESO terán ocasión tamén de facer esta interesantísima visita.

Volta a casa

Mañá é o derradeiro día de Pedro, Sabela e María no liceo Rosa-Gianturco de Potenza, Italia.

Voltarán coa maleta chea de vivencias inesquecibles tras cinco semanas de estadía. Boa viaxe de volta!

Ensaios dos grupos de música e baile tradicional

Iniciamos os ensaios do grupo de música tradicional (recreos dos martes), e os de baile tradicional (recreos dos mércores).

Lembrade que estades a tempo de unirvos a calquera das dúas actividades...   ANÍMATE !!

Distribuir contido


by Dr. Radut