O alumnado do Ciclo Formativo de Ensinanza de Animación Sociodeportiva están subindo á sua conta de instagram plans de adestramento feitos por eles para facer na casa durante estes días de confinamento.
Celebramos, o dia 11 de MARZO, o evento MARZO SEN FRONTEIRAS como colofón ao traballo feito durante o curso cos alumnos de segundo do ciclo en colaboración cos de primeiro.
Foi no curso 14-15 cando empezamos a nosa andaina neste traballo de INCLUSIÓN a través da actividade física. Un traballo en base a proxectos que cada vez ten mais participantes. Este ano ao alumnado de terceiro e cuarto de Música, ao do Clube de Lectura e algún de Debuxo, o colexio CEE, AMENCER, BATA, o CENTRO OCUPACIONAL SAIAR e a AGRUPACIÓN CON ELES, temos que unir os enfermos de Parkinson (APROPARK) aos que estivemos dando clases todos os mércores perante todo o curso no horario de 11.15 A 12.45. Foi toda unha experiencia con este colectivo!!!
Agradecer a todos os colaboradores dos distintos centros educativos a sua axuda e aos colaboradores externos pois sin eles nada podería saír adiante. Colgamos o cartel deste ano pois é a nosa forma de agradecemento.
Unha xornada moi bonita, emotiva e... sobre todo INCLUSIVA. Ese é o noso obxectivo.
O alumnado do ciclo superior TSEASD tivo unha sesión co alumnado do Centro de Educación Especial de Vilagarcía o 5 de decembro. Este vídeo mostra a actividade que levaron a cabo.
Varios membbos da asociación AMENCER que traballa con persoas que padecen parálise cerebral viñeron ao noso instituto para compartir un tempo de lecer co alumnado do ciclo superior TSEASD o 26 de novembro de 2019.
No marco da colaboración establecida entre o ciclo superior TSEASD e a asociación Con eles houbo un primeiro contacto para preparar as actividades de Marzo sen Fronteiras deste ano. Aquí queda como testemuña este vídeo.
O xoves 14 de novembro de 2019 os profes que dirixen o proxecto MARZO SEN FRONTEIRAS e o alumnado de segundo TSEASD que o fai posible, fomos pasar unha mañà ao centro ocupacional SAIAR onde nos explicaron como funcionan os obradoiros de cestería, mobles, xardineria e encadernación. Estivemos toda a mañá con eles e os seus labores.
O proposito foi coñecelos para adaptar as actividades que se levarán a cabo este ano no evento o 11 de marzo en Fexdega. Pasámolo en grande e traballamos un montón. O video é o fiel reflexo diso.
Día 7 de novembro - concello de Sanxenxo - Pavillion de Baltar
O grupo de segundo do ciclo superior TSEASD traballou con persoas da terceira idade e co técnico especialista en actividades físicas nestas idades: Nacho Rebollo para o módulo de "Actividades Físicas para a inclusion social". Queremos agradecer a todos eles, tecnico e usuarios, que nos permitiran traballar conxuntamente
Esta actividade multiaventura para os dous cursos do Ciclo Superior foi realizada no Ecoparque de Marín o día 8 de outubro. A actividade está composta de circuitos suspendidos a diferentes alturas e dotados dun número variable de xoogos de diversa dificultade e con tirolinas de ate 120 metros.
O 28 de outubro o alumnado de 2 curso do ciclo superior TSEASD realizou no concello de Caldas Reis no Campo do Lobo unha sesión de Paintball. A práctica desta actividade pertence aos módulos de "Dinamización grupal" e ao de "Actividades de lecer e tempo libre". Como mostra desta actividade quedan estas fotos.