MARZO SEN FRONTEIRAS 2020

Este ano tivo lugar unha nova edición de Marzo sen fronteiras, iniciativa merecedora dun premio de boas prácticas pola inclusión educativa concedido pola Consellería de Educación.
Celebramos, o dia 11 de MARZO, o evento MARZO SEN FRONTEIRAS como colofón ao traballo feito durante o curso cos alumnos de segundo do ciclo en colaboración cos de primeiro.
Foi no curso 14-15 cando empezamos a nosa andaina neste traballo de INCLUSIÓN a través da actividade física. Un traballo en base a proxectos que cada vez ten mais participantes. Este ano ao alumnado de terceiro e cuarto de Música, ao do Clube de Lectura e algún de Debuxo, o colexio CEE, AMENCER, BATA, o CENTRO OCUPACIONAL SAIAR e a AGRUPACIÓN CON ELES, temos que unir os enfermos de Parkinson (APROPARK) aos que estivemos dando clases todos os mércores perante todo o curso no horario de 11.15 A 12.45. Foi toda unha experiencia con este colectivo!!!Agradecer a todos os colaboradores dos distintos centros educativos a sua axuda e aos colaboradores externos pois sin eles nada podería saír adiante. Colgamos o cartel deste ano pois é a nosa forma de agradecemento.Unha xornada moi bonita, emotiva e... sobre todo INCLUSIVA. Ese é o noso obxectivo.Conchi Pérez, unha das persoasorganizadoras de Marzo sen Fronteiras
O alumnado de música no acto de inauguración:
Vídeo en Canal Rías Baixas:
Na prensa:
FOTOS LA VOZ DE GALICIA: Marzo sen fronteiras en Vilagarcía
ARTIGO LA VOZ DE GALICIA: Todos tenemos algo que enseñar
VÍDEO CANAL RIAS BAIXAS: O alumnado do TAFAD de Carril celebrou os xogos olímpicos máis especiais
ARTIGO O FARO DE VIGO: Corona de laurel para la inclusión