Skip to Content

Debuxo

PROGRAMACIÓN DEBUXO 2021-22

Para ver a programación preme na imaxe

VISITA A SANTIAGO DO ALUMNADO DE ARTES

Excursión a Santiago o 21 de abril para visitar parte do casco histórico e mercado de abastos de Santiago,o museo de arte contemporánea, CGAC ao que pertencen estas imaxes, e a Catedral.
O alumnado demostrou moito interés en todas os lugares visitados. Aprendimos a observar, e a xogar cos coñecementos que aprendimos na aula. Unha experiencia para repetir o próximo curso!

Ver o album de fotos da visita ao CGAC

CALENDARIO "12 MESES 12 LOITAS"

O noso instituto do Carril ten como obxectivo educar no sentido máis amplo da palabra. Este curso , o noso alumnado demostrou unha vez máis as súas dotes artísticas elaborando este magnífico calendario no que representan graficamente 12 loitas sociais dos nosos tempos. Aquí podedes ver unhas imaxes das autoras e do autor.

EXPOSICIÓN-CONCURSO "UN MAR DE ARTE"

O alumnado da materia de Educación Plástica e Visual crearon esta exposición reprroducindo os estilo pictóricos dos pintoras/es máis senlleios dos séculos XIX-XX.

Todo o alumnado pode participar no concurso que consistee en adiviñar ao estilo de que autor corresponde cada peixe. Só precisas observar e gañarás un premio.

IMG_20210528_094258_1.jpg

ENTRADA Á EXPOSICIÓN

----------

VISITA DO ALUMNADO DE ARTES Á ESCOLA MESTRE MATEO E À RTVG

Estas son imaxes das visitas a T.V.G. e ó Mestre Mateo realizada por o departamento de Debuxo co grupo de 2 de Bach.
Gracias a Adrián, o relacións públicas da televisión, e Juan Adrió, xefe de estudos do Mestre Mateo por tratarnos tan ben!.

Para ver o album preme na imaxe

UN MAR DE ARTE

De peixe en peixe, aquí tedes un concurso organizado polo departamento de Plástica; o alumnado de 4ºESO foi quen de pintar uns peixes "á maneira de..." pintores moi famosos. Podes ver o album premendo na imaxe.

Álbum: CURSO 2018-19 -> Un mar de arte

Iº TORNEO DE VOO DE AVIÓNS DE PAPEL

Este venres 18 de maio foron entregados os premios do Iº torneo de voo de avións de papel organizado polo alumnado de 1ºESO-B e a súa titora Maika. O ranking de gañadores é o que segue:

OURO Os Dalton (1ºESO A1)
 
  • Fabio Santamaría
  • Fabián Suárez
  • Pedro Torrado
PRATA Paperwings (1ºESO A2)
 
  • Antón Costa
  • Alba López
  • Ángel Miguéns
BRONCE Os Peripatéticos  (1ºESO A2) 
 
  • Mario García
  • Alba López
  • Antonio Rey
Mención especial    
Iº voo de maior distancia  Antón Costa 

30,12 m

 

IIº voo de maior distancia  Angel Miguéns 27,10 m

 VER ALBUM DE FOTOS

    

EXPOSICIÓN DO ALUMNADO DE 1º BACHARELATO ARTÍSTICO

Tras recibir a consigna de facer un cartaz de tema social e reivindicativo, o alumnado presentou estes traballos cargados de contidos e de técnica. Unha exposición que da que pensar.

VER A EXPOSICIÓN

O BACHARELATO DE ARTES PARTICIPA NA HOMENAXE A LITA CABELLUT

O alumnado de Bacharelato de Artes sumouse á homenaxe realizada polos concellos do Salnés á pintora Lita Cabellut. Aquí están unhas fotos do acto e a nova na prensa local.

VER GALERÍA DE FOTOS

Para ler a nova na prensa fai clic no xornal: 

Distribuir contido


by Dr. Radut