Skip to Content

Bibliotecas Escolares

Recomendámosche

25N no IES Nº1

O alumnado colaborador do EDLG, coordinado por Dolores Calo, preparou este "photocall" polo que pasarán os rapaces e rapazas do centro para mostrar a súa repulsa pola violencia contra as mulleres.

XA TEMOS GAÑADORA DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA SAMAÍN 2015

Parabéns a SARA MARTÍNEZ de 1º ESO B, que resultou gañadora do noso concurso.

Recibe mención especial MANUEL NOVO de 1º Bach C pola calidade e orixinalidade da súa fotografía.

Grazas a todos os participantes.

Na seguinte presentación podedes ver todas as fotografías do concurso.

 

QUERES APRENDER A XOGAR AO XADREZ?

A partir de xaneiro comezaremos co Club de Xadrez. Se queres aprender a xogar, tes a oportunidade de facelo.

As clases serán pola tarde, fóra do horario lectivo.

Se estás interesad@, apúntate na secretaría do centro.  Tes de prazo ata o 17 de novembro.

ÚLTIMOS DÍAS PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA!!

Recordade que tedes ata o día 27 de outubro ás 18.30 para enviar a foto.

Animádevos a participar!!

XORNADAS DE INFORMACIÓN SOBRE O ACOSO ESCOLAR

A vindeira semana o Equipo da Biblioteca terá unha serie de xuntanzas co alumnado da ESO para tratar o tema do acoso escolar.

Elaboramos tamén un documento informativo dirixido a pais e nais sobre este tema tan preocupante para todos.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA SAMAÍN

Apetéceche gañar un fantástico premio aproveitando a celebración do Samaín? Participa no concurso de fotografía organizado pola Biblioteca!!!

Animádevos!!

Tedes as bases no adxunto

ENTREGA DE PREMIOS DO CAMPIONATO DE XADREZ

O equipo da Biblioteca quere agradecer a colaboración do profesor Ventoso, que coordinou a actividade, e do profesor da Escola Municipal de Xadrez de Ribeira, Manuel Barros, que impartiu o curso de xadrez e arbitrou o torneo. Sen eles, o Club de Xadrez non tería sido posible.

Clasificación final:

COMEZO DO CAMPIONATO DE XADREZ NO IES Nº1

Onte, xoves 21, tivo lugar a primeira xornada do campionato de xadrez rápido que se está a desenvolver no noso centro.

O vindeiro xoves, día 28 coñeceremos aos gañadores. Sorte a todos os participantes!!!

CAMPIONATO DE XADREZ NO IES Nº1

Os vindeiros xoves, 21 e 28 de maio, celebrarase no noso centro un campionato de xadrez na modalidade de xadrez rápido ao que estades invitados a participar.

Só é necesario inscribirse na secretaría do IES Nº1. Non é necesario ser alumno/a do IES Nº1.

Tedes máis información no arquivo adxunto.

Animádevos!!

TALLER DE ESCRITURA

Deu comezo o taller de escritura que organiza a Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística e que dirixe o escritor Xabier López. Está dirixido ao alumnado de 1º bacharelato e ao finalizar publicaremos unha escolma do seu traballo.

Distribuir contido


fse+21-27

Plambe

Agueiro

Espazo Abalar

by Dr. Radut